E-distrito

Event Calendar

e

Presentación do libro “Las Crónicas de Kimarel” de Hugan C. Pekiar

  O xoves 5 de xuño, ás 19.00 horas, temos, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, a presentación do libro As crónicas de Kimarel, de Hugan C. Pekiar, editado por Publicacións Areas.

  Organizado pola Asociación Veciñal Oza, A Gaiteira e Os Castros

  SINOPSE:

  "O destino de toda a nación está nas vosas mans"

  En Kimarel rexurdiu un antigo grupo de magos escuros que se fan chamar Os Liberadores, que comezan a desatar o caos e a lles esparexer o medo a todos os seres que habitan na rexión. O Consello do Reino de Inmorack reúnese e asígnalles a Kormau e ao seu primo Eldrian, membros da Lexión de Exploradores, a misión de detelos e evitar así unha nova guerra tras moitos anos de paz. Ambos deberán loitar contra os seus propios demos, dúbidas e traumas, para demostrar que aínda poden ser útiles para o reino, tal e como o foron no pasado. Pero a verdadeira ameaza está máis preto do que pensan e pagarán o prezo da súa inocencia. Pola súa banda, Eubor, un soldado anano, verase forzado a abandonar o seu fogar e poñer rumbo a Dhal Thanu, un enclave anano situado nas montañas máis orientais da Rexión, nunha viaxe na que cambiará a visión que ten sobre o mundo que o rodea.

  "A aventura comeza"

Place:

  • Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Date:

  • 05/06/2025

Time:

  • 19:00 h

Price:

  • Entrada libre

See all events

Parking Mallos
Parking Mallos

Related