E-distrito

Event Calendar

s

Festival Pétalos de Igualdade, MJ Pérez e CRUA

  "Ora aperta, amor", concerto de MJ Pérez e CRUA, no festival Pétalos de Igualdade. Flor de vida.

  A cantautora MJ Pérez e o grupo portugués CRUA unen voces nun concerto especial. Será a xuntanza destes dous proxectos que nos deleitarán co mellor do seu repertorio e que interpretarán ao vivo o seu tema en colaboración "Ora aperta, amor".

  CRUA

  O repertorio tradicional ibérico é o punto de partida para o concerto e o encontro afectivo con estas seis mulleres, urbanas - do seu tempo. O adufe, curmán do pandeiro, elemento sacro que guía a exploración rítmica e vocal, non está só: bombo, cribos, pandeiretas, cunchas, timbalón e outras percusións tradicionais crean o conxunto base. As cancións, na súa maioría do repertorio tradicional, son o punto de partida para reflexións transversais ao tempo - afecto, coidado, traballo.

  Voces próximas ao primal que vos convidan a estar, a escoitar e a sentir, nun cruzamento de tempos [pasado e presente] e de xeografías [rural e urbano].

  MJ PÉREZ

  MJ Pérez é unha cantora galaicoportuguesa que conta xa con máis de 10 anos de carreira actuando en palcos de Galiza e Portugal. Cun repertorio que resume algúns dos temas máis importantes deste percorrido, sumando algúns temas novos, MJ presenta unha viaxe que fusiona a canción de autor con ritmos latinos, o pop-rock ou as músicas do mundo.

  Todo coa súa particular voz, e unhas letras cargadas de mensaxe, no xeito de narrar e transmitir de MJ acompañada e rodeada da súa banda.

  Este concerto, como todas as actividades de "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto. O programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

.

Place:

  • Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Date:

  • 26/07/2025

Time:

  • 19:30 h

Buy tickets:

See all events

Parking Mallos
Parking Mallos

Related