O proxecto contempla a necesidade de imaxinar e construír unha ficción anacrónica para inventar o pasado, para proxectalo máis aló dun futuro previsible.
DOUBLE INFINITE estrutúrase nun tríptico, onde podemos entrar na intimidade de cada un dos personaxes e a súa reconstrución dun pasado común: imaxínanse, lémbranse, búscanse e reencóntranse. Luces e sombras dunha relación que se pregunta sobre os límites entre o imaxinado e o real, entre o desexo e a rabia. Rodeados pola música, as proxeccións cinematográficas nun espazo case espido, Calamity e Billy reencóntranse ao final para seguir preguntándose sobre o paxaro azul. Un paxaro azul no corazón que desexa saír. O corpo e o movemento conteñen códigos internos que se afastan de ideas estruturadas e secuenciais. Falamos duns códigos infinitamente máis espidos, vertixinosos e reveladores das pulsións do noso hábitat, do noso mundo.
Pep Ramis, María Muñoz.
Con María Muñoz e Pep Ramis
Dirección: María Muñoz e Pep Ramis