
María Callas é, incluso hoxe, a cantante máis famosa do mundo. Sobre ela escribíronse infinidade de artigos e libros e realizáronse películas e documentais, e aínda así segue apaixonando o seu misterio. O foi todo na arte e perdeuno por amor e desamor. A paixón foi o seu motor: paixón pola arte, paixón polo amor.
"María Callas, Sfogato" é un espectáculo íntimo que nos mostra a unha muller vulnerable, acosada pola prensa e os admiradores, pero tamén a unha artista maiúscula, sen límites e invencible, como é propio dunha soprano sfogato.
Coa única compañía de Bruna, a súa ama de chaves e quizá a persoa que máis preto estivo da súa intimidade, María desvélanos parte dos seus segredos, os que a encheron de vida e os que a levaron a unha morte tráxica á curta idade de 53 anos.
Pedro VÍLLORA
Con Mabel Del Pozo, Anabel Maurin, Eva Marco
Natasha Belenova: Piano