E-distrito

Agenda de Eventos

T

TRC danza: Sobre o extravío ou a arte de perderse

  Un só de danza teatro sobre a importancia do lugar, sobre o que non se ve pero está, sobre o esquecemento necesario e a arte de perder. Ou de perderse. 

  Sobre o extravío ou a arte de perderse convídanos a compartir a viaxe a través do espazo interior e exterior dunha muller. Como espectadores e cómplices do seu modo de construír(se), habitar, perderse e chegar a lugares inesperados. Lugares onde o movemento, o texto, o espazo sonoro, o corpo e os obxectos combínanse mergullándonos nun tempo suspendido e evocador no que algo pode aparecer: unha sorpresa, unha pregunta, unha resposta quizais... 

  Sobre o extravío ou a arte de perderse bríndanos a oportunidade de abandoar a ollada periférica e dispersa á que estamos tan afeitos hoxe en día, para centrarnos en descubrir a sorpresa contínua agochada no noso interior, nos obxectos e as accións cotiás.

  Intérpretes: Nuria Sotelo

  Dirección e creación: Ana Vallés

Lugar:

  • Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Fecha:

  • 10/05/2025

Hora:

  • 20:30 h

Compra de Entradas:

Ver todos los eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados