E-distrito

Agenda de Eventos

J

John Mayall

  SELECCIÓN NOROESTE

  85th Anniversary Tour

  John Mayall (Macclesfield, Cheshire, 21 de novembro de 1933) comezou desde moi novo a desenvolver a súa propia personalidade musical e converteuse, xunto a Alexis Korner, en precursor da invasión do blues británico. Amante do blues de Chicago, Mayall fundou o seu primeiro grupo en 1955, The Powerhouse Four, e posteriormente a súa banda máis coñecida, The Bluesbreakers, na que contou coa colaboración de guitarristas novos como Eric Clapton, Peter Green e Mick Taylor, entre outros.

  John Mayall, mestre do blues e figura clave na música contemporánea, publicou xa máis de 60 álbums, moitos dos cales supuxeron novos patróns dentro do rock blues e contaron con estupendas críticas e aceptación por parte do público, como Behind The Iron CurtainChicago Line ou Wake Up CallBlues For the Lost Days e Padlock On The Blues.

  O 85 th Anniversary Tour chega a España con parada en doce cidades e despois seguirá polo resto de Europa.

  JOHN MAYALL: voz, teclados, guitarra, harmónica
  Carolyn Wonderland: guitarras
  Greg Rzab: baixo eléctrico
  Jay Davenport: batería

.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avda da Mariña 7A, 15001 A Coruña

Fecha:

  • 02/10/2019

Hora:

  • 21:00 h

Ver todos los eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados