E-distrito

Agenda de Eventos

A

Ata o 05-feb/ Exposición AI: MORE THAN HUMAN

  Dende o 5 de setembro ao 05 de febreiro.

  Presentamos AI: More than Human, un ambicioso proxecto expositivo inmersivo e interactivo sobre intelixencia artificial.

  Cunha impoñente montaxe que ocupará toda a Sede Afundación A Coruña, AI: More than Human configura un estudo sen precedentes dos avances tanto creativos como científicos da intelixencia artificial, así como da evolución da relación entre os seres humanos e a tecnoloxía. A partir do 5 de setembro na nosa sede do Cantón na Coruña.

  A mostra realiza un percorrido completo a través da historia da Intelixencia Artificial, desde as súas ancestrais orixes ancoradas na relixión sintoísta xaponesa ou no mito xudeu do Golem, pasando polos primeiros experimentos informáticos de Ada Lovelace e Charles Babbage, ou os importantes avances realizados durante a década de 1940 e ata a actualidade. Para iso, AI: More than Human reúne algúns dos proxectos de investigación actuais máis destacados, realizados por institucións como o Massachussets Institute of Technology (MIT), Sony Computer Science Laboratories, Google Research, o Departamento de Informática de Imperial College de Londres ou DeepMind Technologies, con instalacións artísticas que exploran as posibilidades creativas da IA nas súas obras, como o músico Kode9, ou o galardoado artista tecnolóxico Yoichi Ochiai entre outros.

Lugar:

  • Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña

Fecha:

  • 05/02/2023

Precio:

  • 8 Euros

Compra de Entradas:

Ver todos los eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados