¿OUTRA PEZA SOBRE FOLCLORE?¡Si! E sempre me parecerán poucas;temos que falar sobre a necesidade dedevolver aos pobos a danza, as lendase as cancións máis aló do rexistro ea museística. Un manifesto vivo danecesidade do rito como salvamentoa unha sociedade que fai augas. Unchamado á conciencia colectiva que sensaber moi ben porqué emociónase condeterminados sons, melodías, danzase rituais. Unha invocación á emociónprimeira do que hoxe chamamos folclore.Nesta peza non ides atopar un catálogode folclore popular. Ides descubrir un bando libre de todo iso a travésdo meu corpo e a miña concienciacontemporánea. Actualmente aesencia da tradición ibérica foimanipulada a favor ou en detrimentode determinadas cuestións territoriaise ideolóxicas e eu négome a que apolítica condicione a miña experienciae conexión co espírito orixinal e vivodun folclore que me atravesa máisaló das fronteiras ou da cronoloxía.A tradición tería que ser algo que vaipasando de xeración en xeración dunhamaneira natural e fluída. Un oráculogozoso de encontro e comuñón...
Con Alberto Velasco
Creación e textos: Alberto Velasco
Coreografía: Alberto Velasco, Manuel Liñan & Osa + Mujica
Música: Mariano Marín
Percusión: Pablo Martin Jones
Vestiario: Sara Sánchez de la Morena