E-distrito

Agenda de Eventos

T

TRC danza: Double infinite

  O proxecto contempla a necesidade de imaxinar e construír unha ficción anacrónica para inventar o pasado, para proxectalo máis aló dun futuro previsible.

  DOUBLE INFINITE estrutúrase nun tríptico, onde podemos entrar na intimidade de cada un dos personaxes e a súa reconstrución dun pasado común: imaxínanse, lémbranse, búscanse e reencóntranse. Luces e sombras dunha relación que se pregunta sobre os límites entre o imaxinado e o real, entre o desexo e a rabia. Rodeados pola música, as proxeccións cinematográficas nun espazo case espido, Calamity e Billy reencóntranse ao final para seguir preguntándose sobre o paxaro azul. Un paxaro azul no corazón que desexa saír. O corpo e o movemento conteñen códigos internos que se afastan de ideas estruturadas e secuenciais. Falamos duns códigos infinitamente máis espidos, vertixinosos e reveladores das pulsións do noso hábitat, do noso mundo.

  Pep Ramis, María Muñoz. 

  Con María Muñoz e Pep Ramis

  Dirección: María Muñoz e Pep Ramis

Lugar:

  • Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Fecha:

  • 25/10/2025

Hora:

  • 20:30 h

Compra de Entradas:

Ver todos los eventos

MUSEO DOMUS
Parking Mallos

Relacionados