E-distrito

Noticias

Outra balea morta na costa galega, esta vez en Ponteceso

Outra balea morta na costa galega, esta vez en Ponteceso

  Un macho adulto, de 18 metros e arredor de 20 toneladas, apareceu varado na mañá do sábado na praia de Valarés, na ría de Corme e Laxe

  22 xaneiro 2019

  Despois dos cinco varamentos das últimas semanas, outra balea común (Balaenoptera physalus) apareceu esta mañá na praia de Valarés, en Ponteceso. O exemplar, un macho (como se pode na imaxe, polo pene) de 18 metros e arredor de 20 toneladas, foi atopado esta mañá no areal pontecesán. As evidencias apuntan a que podería levar varios días morta, debido a que o corpo amosaba algúns síntomas de deterioro.

  Segundo informa Pablo Covelo, da Cemma, estanse valorando agora as opcións para retirar o animal da praia, que requerirá a intervención de maquinaria pesada debido ao seu tamaño. Este novo varamento, segundo explica Covelo, vén confirmar o “extraordinario” da sucesión de grandes cetáceos nas últimas semanas nas costas galegas. “Algúns anos podería haber unha balea adulta, ou como moito dúas ou tres, por esta época, pero o deste ano está por riba das cifras habituais”, subliña Covelo.

  A última delas foi unha cría atopada en Nemiña o mércores. O de Ponteceso é o terceiro exemplar adulto de balea común que aparece morto en só un mes. O primeiro deles, na ría de Pontevedra, entre Marín e Bueu, tiña evidencias dun choque cun barco, xa que a columna presentaba unha fractura. Foi remolcada e rescatada, e posteriormente incinerada, como se adoita facer nestes casos.

  Poucos días despois, en Oia, outra balea común adulta apareceu morta no litoral. Estaba nunha zona de difícil acceso tanto por terra como con marea alta e baixa, polo que a súa retirada é técnicamente imposible. Alí segue, descompoñéndose, e xerando unha notable afluencia de curiosos. Tamén preto de Galicia, en Aveiro, un exemplar de 19 metros apareceu en novembro.

  Ademais dos grandes cetáceos, a Cemma leva rexistrados desde comezos de ano un total deentre 15 e 18 varamentos, sobre todo golfiños comúns, e algunha tartaruga.

  Derivado de GCiencia.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados