E-distrito

Noticias

A Coruña/ A cadea Hilton abrirá un hotel na cidade en 2020

A Coruña/ A cadea Hilton abrirá un hotel na cidade en 2020

  O establecemento abrirá no antigo edificio de Rede Eléctrica de España, situado na rúa Zalaeta.

  30 xaneiro 2019

  A cadea de hoteis Hilton terá presenza en Galicia a partir de 2020. A compañía internacional abrirá o seu primeiro establecemento hostaleiro na Coruña, na rúa Zalaeta.

  O antigo edificio de Rede Eléctrica de España albergará o hotel, que levará por nome DoubleTree e que contará con 60 habitacións. 

  Segundo destaca a compañía nun comunicado, "será o primeiro hotel boutique da Coruña cunha identidade e personalidade propias á vangarda do deseño".As obras, que contan cun orzamento de 1,5 millóns de euros, durarán aproximadamente un ano. A cadea prevé abrir as portas do hotel coruñés a comezos de 2020.

  Derivado de Galiciae.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados