E-distrito

Noticias

Vigo e A Coruña estarán no corredor atlántico de redes europeas de transporte.

Vigo e A Coruña estarán no corredor atlántico de redes europeas de transporte.

  A eurodeputada do BNG Ana Miranda recibiu este martes a confirmación, tras a celebración do trílogo interinstitucional entre a Comisión, o Consello e o Parlamento.

  20 febreiro 2019

  A eurodeputada do BNG Ana Miranda recibiu este martes a confirmación de que Vigo e A Coruña estarán incluídas no corredor atlántico de redes europeas de transporte tras a celebración do trílogo interinstitucional entre a Comisión, o Consello e o Parlamento.

  Miranda sinala que este é "un paso máis no proceso definitivo para corrixir os erros dos gobernos galego e estatal, que permitirá unha mellor conexión dos portos e aeroportos galegos na rede de mercadorías europea".

  Tras a súa aprobación na Comisión de Transporte da Eurocámara o 22 de novembro, na sesión plenaria do 12 de decembro o Parlamento europeo deu luz verde á inclusión de Galicia no corredor atlántico. O seguinte paso será a súa previsible aprobación en próximas sesións plenarias da Eurocámara.

  Respecto diso, lembra que a inclusión de Galicia neste corredor é unha constante demanda do BNG, mentres que sinala que xa en 2013, na súa anterior etapa como eurodeputada, xa defendeu esta petición. "O problema co que nos atopamos en Galicia é que os gobernos do PP nos anos precedentes decidiron priorizar outros territorios sen valorar as nefastas consecuencias económicas para Galicia", reprocha.

  Para o Bloque non figurar nas redes transeuropeas de transporte significa "unha perda de oportunidades e á hora de impulsar a economía", xa que impide que os portos e aeroportos galegos estean ben conectados.

  Derivado de Galicia Confidencial.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados