E-distrito

Noticias

Galicia é a segunda comunidade con maior número de mortes prematuras por contaminación de centrais térmicas

Galicia é a segunda comunidade con maior número de mortes prematuras por contaminación de centrais térmicas

Asturias está á cabeza con 8,37 mortes prematuras por 100.000 habitantes, seguida de Galicia con 3,48 falecidos por 100.000 segundo un estudo do Instituto Internacional de Dereito e Medio Ambiente.

  07 marzo 2019

  Galicia é a segunda comunidade con maior incidencia de mortes prematuras pola contaminación de centrais térmicas do carbón, segundo un estudo do Instituto Internacional de Dereito e Medio Ambiente (Iidma).

  As comunidades do noroeste son as que presentan a maior incidencia, debido a que a concentración na atmosfera de axentes contaminantes é superior ao resto. Asturias está á cabeza, con 8,37 mortes prematuras por cada 100.000 habitantes, seguida de Galicia con 3,48 falecidos por cada 100.000.

  O caso é que, segundo este baremo, as probabilidades de falecer en Galicia pola contaminación derivada do carbón son 4,4 veces máis que para un habitante de Castilla La Mancha, por exemplo. Debido a como se move esa contaminación, a pesar de que as dúas térmicas existentes en Galicia están na provincia da Coruña (Meirama e As Pontes), a maior incidencia apréciase nas provincias de Ourense e Lugo.

  Segundo este informe do Iidma, en España producíronse en toda España 1.529 mortes derivadas da contaminación emitida por 15 centrais térmicas, con máis de 20.000 episodios de asma nenos e perdas económicas de ata 3.568 millóns de euros. Por todo iso, o estudo "Un escuro panorama: as secuelas do carbón" insta as autoridades a tomar medidas urxentes para, "como moi tarde", que 2025 sexa data límite para o fin do carbón en España.

  Derivado de GConfidencial.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados