E-distrito

Noticias

Ciudadanos tentará impedir a ampliación do permiso de paternidade e o PP anuncia que levará ao Constitucional as medidas sociais do PSOE.

Ciudadanos tentará impedir a ampliación do permiso de paternidade e o PP anuncia que levará ao Constitucional as medidas sociais do PSOE.

  O partido de Rivera ve dúbidas sobre a modificación dunha Lei Orgánica a través dun Decreto;  Casado cree que Sánchez está instrumentalizando as institucións. 

  13 marzo 2019

  Albert Rivera considera que o Goberno pretende modificar unha lei orgánica cunha figura xurídica que non o permite e pide un informe aos letrados do Congreso

  O PSOE asegura que o decreto non modifica aspectos orgánicos e acusa a Ciudadanos de "raiar a prevaricación" se impide que o Congreso valide o decreto

  Os servizos xurídicos do Congreso avalan que a Deputación Permanente poida emendar os decretos lei aprobados polo Executivo

  PP e Ciudadanos estudan como frear no Congreso os decretos do Goberno sobre aluguer e igualdade laboral. Ciudadanos prantexa impedir a tramitación das medidas en materia de igualdade que aprobou o Goberno e que se teñen que validar no Congreso. O partido de Albert Rivera anunciou este mércores que solicitou un informe sobre a constitucionalidade do decreto lei que iguala os permisos de paternidade e maternidade. Na súa opinión, o Executivo de Pedro Sánchez pretende modificar unha lei orgánica facendo uso dun instrumento xurídico que, ao seu xuízo, non o permite. Ademais, a Deputación Permanente poderá emendar os decretos.  

  O representante de Cidadanos na Mesa da Deputación Permanente, Ignacio Prendes, anunciou que o seu grupo pediu un informe aos letrados da Cámara porque o decreto de igualdade, que recolle entre outras medidas a equiparación dos permisos entre proxenitores, modifica unha lei orgánica. Segundo Ciudadanos, esa figura lexislativa non pode modificar unha norma dese rango. "Temos moitas dúbidas de que isto sexa posible e non sexa inconstitucional. Non cremos que se poida modificar unha lei orgánica", asegurou ao finalizar a reunión da Mesa. Prendes lembrou que "existe unha sentenza do Tribunal Constitucional que declarou inconstitucionais varios artigos dicindo que un decreto lei non pode modificar materias dunha lei orgánica". 

  O PSOE acusa a Ciudadanos de "raiar a prevaricación". Con todo, fontes socialistas móstranse convencidas de que o decreto de igualdade laboral cumpre coa Constitución porque modifica unha lei pero non os aspectos orgánicos da mesma. "A lei orgánica 3/2007 non é orgánica na súa totalidade. Só unha parte. O que se modifica co decreto lei é a parte non orgánica", explican esas fontes. Esa lei de igualdade de 2007 ten como aspectos orgánicos, por exemplo, a paridade nas listas electorais. O número dous do Grupo Socialista, Rafael Simancas, cargou duramente contra Ciudadanos, a quen acusou de "raiar a prevaricación" ao tentar que un decreto non se tramite no Congreso. "A Constitución en artigo 78 e no 86 deixa clarísimo que os reais decretos téñense que someter á convalidación do Congreso e non facelo é caer en delito de prevaricación", advertiu o dirixente socialista, que asegurou que os argumentos de Ignacio Prendes son "escusas": "Non é verdade que haxa precepto orgánico algún que estea incluído no decreto de igualdade", dixo sobre a modificación lexislativa. Ademais, explicou que os letrados da Cámara xa llo dixeron de forma "verbal" aos representantes da Mesa na reunión deste mércores. 

  A resolución deste novo conflito parlamentario producirase previsiblemente este xoves, cando a Mesa do Congreso se reuna para abordar o informe que Ciudadanos solicitou aos letrados. Os servizos xurídicos do Congreso terán que determinar se o decreto lei que o Goberno aprobou fai xa dez días cumpre coa normativa ou, se como sosteñen os de Rivera, pretende lexislar con esa figura máis aló do que esta lle permite.

  Ciudadanos considera que a Mesa do Congreso pode impedir a convalidación do decreto se os letrados consideran que vulnera a lexislación ao modificar unha lei orgánica. O PSOE sostén que o decreto debe tramitarse en calquera caso e que debe ser "o pobo español representado na Deputación Permanente" o que se pronuncie. "Quen establece a constitucionalidade é o Tribunal Constitucional", rematou Simancas.

  O Congreso poderá emendar os decretos de Sánchez. Na reunión deste mércores, a Mesa viu, ademais, o informe dos letrados que solicitou a presidenta, Ana Pastor, sobre como se deben tramitar os decretos lei que o Goberno aprobou unha vez que as Cortes están disoltas e é a Deputación Permanente a que se fai cargo da actividade da Cámara. A conclusión é que ese órgano interino pode validar os decretos e despois tramitalos como proxectos de lei –isto é que os grupos poidan facer cambios ao texto– se así o decide unha maioría parlamentaria. Os prazos para a tramitación –que incluiría tamén ao Senado– irían dispoñendo as Mesas de ambas as Cámaras cunha data tope: o 20 de maio, un día antes de que se constitúan as novas Cortes tras as eleccións xerais. O Senado pode opoñerse ao proxecto de lei ou emendalo. No caso de que o vete, o texto volve ao Congreso, que debe aprobalo por maioría absoluta. 

  Polo de agora, os catro decretos que aprobou o Goberno desde que Pedro Sánchez anunciou a convocatoria de eleccións para o 28 de abril –igualdade laboral, vivenda, medidas de continxencia para facer fronte a un Brexit sen acordo, e medidas sociais como a recuperación do subsidio para parados maiores de 52 anos– están en risco. Nin ERC, nin PDeCAT nin PNV garanten o seu apoio e critican a actitude do Goberno de lexislar ata o último minuto porque consideran que se trata de propaganda electoral.

  Por outra banda e despois de que a Xunta Electoral desestimase as reclamacións de PP e Ciudadanos para suspender as roldas de prensa do goberno, o PP ven de anunciar que recurrirá ante o Tribunal Constitucional todas as medidas sociais dos que denominan "Viernes electorales" de Pedro Sánchez.

  Derivado de Eldiario.es

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados