E-distrito

Noticias

Os pais teñen 8 semanas de permiso por nacemento ou adopción de fillo a partir deste luns.

Os pais teñen 8 semanas de permiso por nacemento ou adopción de fillo a partir deste luns.

  Entra en vigor o decreto lei en materia de igualdade laboral que os incrementa respecto ás 5 semanas actuais, tal como se aprobou o Consello de Ministros o 01 de marzo.

  01 abril 2019

  Os pais dos nenos que nazan ou sexan adoptados a partir deste luns terán case dous meses de permiso. Deberán gozar as dúas primeiras semanas ao mesmo tempo que a nai e inmediatamente despois do parto ou adopción 

  Este incremento para este ano ten por obxectivo a equiparación progresiva co permiso de maternidade en 2021 

  O Goberno español aprobou este venres novos permisos de paternidade: de 16 semanas, intransferibles e con posibilidade de turnar coa nai.

  Así serán os permisos por paternidade e maternidade ano a ano ata 2021  

  Os permisos de paternidade serán de 8 semanas desde este luns, día no que entra en vigor o decreto lei en materia de igualdade laboral que os incrementa respecto ás 5 semanas actuais, tal como se aprobou no Consello de Ministros o pasado 1 de marzo. Os pais dos nenos que nazan ou sexan adoptados a partir deste luns terán case dous meses de permiso, dos cales deberán gozar as dúas primeiras semanas ao mesmo tempo que a nai e inmediatamente despois do parto ou adopción. As seis semanas restantes poderanas repartir durante os primeiros doce meses. 

  Este incremento do permiso de paternidade para este ano ten por obxectivo a equiparación progresiva co de maternidade en 2021, de forma que en 2020 aumentará a súa duración a 12 semanas e alcanzará as 16 semanas o ano seguinte. En 2021, os dous permisos serán iguais e intransferibles para ambos os proxenitores e pasarán a chamarse permisos por nacemento, que inclúe parto ou adopción e o coidado do menor de 12 meses. 

  Actualmente, o permiso de paternidade é independente do de maternidade e compatible co goce compartido desoutro permiso cando é cedido pola nai, aínda que esta práctica tamén se extinguirá en 2021.  

  A contía da prestación é equivalente ao 100% da base reguladora, que é abonada directamente polo Instituto Nacional da Seguridade Social durante as 8 semanas de permiso ( ampliables en caso de parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo para partir do segundo). A ampliación do permiso de paternidade a 8 semanas custará 373 millóns de euros este ano, dos que 302 millóns serán asumidos pola Seguridade Social e os 71 millóns restantes polas empresas, xa que terán que seguir pagando a cotización por continxencias comúns do traballador durante o seu permiso.  

  O ano pasado tramitáronse 255.531 permisos de paternidade, o 3,44% menos que un ano antes, aos que a Seguridade Social dedicou 448,7 millóns de euros, un 12,19% máis, debido a que en xullo se ampliaron de 4 a 5 as semanas de permiso.

  Derivado de El Diario.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados