E-distrito

Noticias

A Coruña/ PP e Psoe impiden abordar o proceso de municipalización da rede de bibliotecas.

A Coruña/ PP e Psoe impiden abordar o proceso de municipalización da rede de bibliotecas.

  O goberno municipal aducía que a municipalización melloraría a eficiencia das bibliotecas e daría estabilidade ao persoal.

  Os representantes de PP e PSOE votaron en contra de incluír na orde do día a adaptación dos estatutos de Emvsa á Lei de contratos, paso necesario para poder abordar o acordo de internalización das bibliotecas da cidade.

  10 maio 2.019

  Os votos conxuntos dos grupos municipais de PP e PSOE no consello de administración de Emvsa (Empresa Municipal de Vivenda) tombaron este martes a adaptación dos estatutos deste ente municipal á Lei de Contratos, un trámite necesario para poder abordar o acordo acadado pola Xunta de Goberno Local a pasada semana para a municipalización da rede de bibliotecas.

  Os votos en contra de PP e PSOE e a abstención do BNG evitaron a inclusión na orde do día do consello de administración de Emvsa da modificación dos seus estatutos. O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, manifestou a súa disconformidade, "toda vez que a adaptación dos estatutos á Lei de Contratos debe levarse a cabo con ou sen internalización da rede de bibliotecas", xa que é un trámite legal preceptivo.

  Municipalización

  O Goberno local encargou a Emvsa a prestación do servizo da rede de bibliotecas municipais do Centro Ágora, Fórum Metropolitano, Sagrada Familia, Os Rosales e a biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga, que ata o momento estaban xestionadas por unha empresa privada. Con esta internalización, que tamén inclúe os servizos de apoio técnico e operativo da rede, o executivo municipal busca reordenar o sistema de bibliotecas para mellorar a súa eficiencia, as prestacións que se ofrecen á cidadanía e, tamén, acometer novos retos como a apertura de novas bibliotecas de proximidade en Novo Mesoiro e Riazor.

  Derivado de Coruna.gal.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados