E-distrito

Noticias

VÍDEO/ Chicote destapa a fraude dos menús nun colexio especial de Galicia

VÍDEO/ Chicote destapa a fraude dos menús nun colexio especial de Galicia

O cociñeiro logrou varios testemuños do CEE María Mariño da Coruña, onde os familiares de varios menores denunciaron as carencias dos menús.

  16 maio 2019

  Alberto Chicote centrou a súa última entrega de ¿Te lo vas a comer? nos menús dos colexios de Educación Especial, onde moitos dos nenos necesitan dietas adaptadas. Ao programa denegáronlle o acceso a comedores de centros en 11 comunidades, pero o cociñeiro logrou varios testemuños do CEE María Mariño da Coruña, onde os familiares de varios menores denunciaron as carencias dos menús.

  O avó dunha das nenas, que ten máis dun 90% de discapacidade, relatou que cada día lle leva el mesmo a comida desde casa. "A miña neta ten 13 anos. Non fai ningún tipo de movemento, nin fala. O grao de calidade da comida é verdadeiramente lamentable e indigno nunha entidade pública", explica, indignado. Algún neno, din, pode chegar a convulsionar se non se lle dá unha dieta estritamente adaptada ás súas necesidades. Ou incluso morrer.

  "A miña neta ten 13 anos. Non fai ningún tipo de movemento, nin fala. E a comidad é verdadeiramente indigna"

  Para profundar no caso, Chicote púxose en contacto coa Xunta para verse co secretario xeral de Educación e visitar algún comedor de centros públicos galegos. O chef denuncia que tardaron catro semanas en contestarlle, aínda que finalmente recibiuno o delegado do Goberno galego na Coruña, Ovidio Rodeiro.

  Nesa entrevista produciuse o maior desencontro. Chicote mostroulle imaxes e testemuños sobre as carencias dos menús, ante o que o delegado mostrou informes que apoiaban os criterios nutricionais e asegurou que o que o cociñeiro lle estaba ensinando "non é o que reciben os nenos no colexio".

  "Delegado, estanlla coando", chegou a dicir o cociñeiro, quen engadiu: "Non se pode dar a nenos que necesitan unha dieta triturada sen grumos unha empanada galega triturada, iso non é opinable".

  Ese é o caso que denuncia Yolanda, a nai de Mario, que asegura que ao seu fillo, que só pode tomar alimentos sólidos, unicamente lle dan dous menús distintos. Rodeiro, cando Chicote lle expón o caso, sostén que existen "16 dietas distintas adaptadas", pero o chef arrincónao.

  Derivado de Galiciae
  Vídeo: La Sexta.

.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados