E-distrito

Noticias

O prezo da vivenda disparouse en Vigo, A Coruña, Ourense e Compostela no último ano

O prezo da vivenda disparouse en Vigo, A Coruña, Ourense e Compostela no último ano

  O prezo do metro cadrado de vivenda libre nestas cidades elevouse un 6% no último ano, e o incremento foi aínda maior en Ourense (+13%)

  06 xuño 2.019

  A burbulla da vivenda volve medrar. Nos últimos anos tense elevado notablemente o prezo dos alugueiros, sobre todo nas cidades, e os últimos datos amosan que tamén se está a encarecer a compra dos inmobles. Os prezos seguen moi lonxe, iso si, dos niveis acadados nos anos anteriores á crise económica -provocada en boa medida polo estourido da burbulla inmobiliaria-, pero os prezos medios levan catro anos en ascenso ininterropido, cunha particular aceleración dos últimos doce meses.

  En cidades como A Coruña, Compostela ou Vigo o prezo do metro cadrado de vivenda libre elevouse un 6% no último ano, e o incremento foi aínda maior en Ourense (+13%)

  En cidades como A Coruña, Compostela ou Vigo o prezo do metro cadrado de vivenda libre elevouse un 6% no último ano, e o incremento foi aínda maior en Ourense (+13%) ou Culleredo (+11%). Ribeira, Oleiros ou Marín roldaron igualmente ese aumento do 6%. Pontevedra tivo un incremento máis cativo (+2%) e Lugo e Ferrol mesmo experimentaron descensos nos prezos no último ano, segundo os datos publicados trimestralmente polo Ministerio de Fomento.

  Os prezos chegaran a acadar un nivel máximo entre os anos 2007 e 2008, con valores que superaron os dous mil euros o metro cadrado de media na Coruña, Vigo, Oleiros e Compostela, e os 1.500 en Pontevedra, Ribeira, Marín ou Culleredo, situándose preto desa cantidade en Ourense, Lugo, Ferrol, Redondela, Arteixo e Vilagarcía. A burbulla estourou e os prezos caeron rapidamente, nalgúns lugares case ata a metade do que chegaran a ser.

  Entre o 2014 e o 2017 os prezos da vivenda mantivéronse neses niveis mínimos, con moi pequenas variacións. Porén, nos dous últimos anos estes valores están medrando de forma constante e en cidades como Vigo ou A Coruña suman xa tres anos consecutivos de subas

  A vivenda nova encareceuse un 16,5% en Vigo e un 8,5% na Coruña no último ano

  Os ascensos son maiores aínda se só analizamos os prezos da vivenda nova. O Observatorio de Fomento só ofrece informacións para as cidades de maior tamaño, aquelas que suman un número mínimo de inmobles taxados cada ano. En Galicia, A Coruña e Vigo. Nas dúas principais urbes de Galicia a vivenda nova encareceuse un 8,5% (na cidade herculina) e un 16,5% (na cidade olívica), rachando unha serie de anos nos que os prezose se mantiveran relativamente estables.

  Derivado de Praza.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados