E-distrito

Noticias

A chegada de inmigrantes a Galicia equilibrou o mínimo histórico de nacementos en 2018.

A chegada de inmigrantes a Galicia equilibrou o mínimo histórico de nacementos en 2018.

  O saldo migratorio exterior experimentou un crecemento importante os tres últimos anos, motivado polo aumento na chegada de persoas procedentes de Latinoamérica, en especial Venezuela.

  25 xuño 2019

  Galicia incrementou a súa poboación durante o segundo semestre do ano 2018, rachando así unha xeira de descensos consecutivos que se iniciara no ano 2012. Segundo as cifras provisionais publicadas este martes polo INE, con 2.700.330 habitantes o noso país recupera o nivel dos 2,7 millóns que perdera hai seis meses por primeira vez dende o ano 2003. Este reaxir demográfico non está motivado por un incremento no número de nacementos, que de feito acadou o pasado ano un novo mínimo histórico, senón na mellora dos fluxos migratorios, en especial pola chegada de inmigrantes dende fóra de España.

  A pesar do leve incremento do número de habitantes no último semestre, o dato sitúase por debaixo das cifras rexistradas un ano antes (2.703.149), acumulándose un descenso de case 72 mil habitantes dende o ano 2012.

  O saldo vexetativo leva décadas sendo negativo e a diferenza entre defuncións e nacementos vai facéndose máis grande cada ano que pasa. No 2018 foi de -15.854. Este dato foi equilibrado polos saldos migratorios, tanto o interautonómico (fluxos dende o resto do Estado e en dirección a outras comunidades), que é positivo (+252) por primeira vez dende o ano 2012, como sobre todo polo saldo exterior (+12.884), é dicir, a diferenza entre as persoas que que dende Galicia marchan ao estranxeiro e aquelas que chegan ao noso país dende fóra de España.

  O saldo migratorio exterior é positivo dende o ano 2015, pero nos últimos tres anos vén experimentando un crecemento moi importante, motivado principalmente polo aumento na chegada de persoas procedentes de América Latina, especialmente dende Venezuela.



Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados