Ecoloxistas en Acción publicou esta semana o informe "La calidad del aire en el Estado español durante 2018", que analiza a información recollida durante o pasado ano por 54 estacións oficiais de medición instaladas en Galicia. O informe conclúe que toda a poboación galega respirou aire contaminado en 2018, con niveis de contaminación que superan as recomendacións da Organización Mundial da Saúde. Ademais, un terzo do territorio de Galicia soportou unha contaminación do aire que prexudica a vexetación.
Un terzo do territorio de Galicia soportou unha contaminación do aire que prexudica a vexetación
A organización explica que se se toman como referencia os estándares da normativa legal, máis laxos que as recomendacións da OMS, non habería poboación que respira aire contaminado por riba dos límites legais, aínda que estes si se superaron na estación do porto da Coruña, en relación ao contaminante dióxido de nitróxeno (NO2).
Ecoloxistas en Acción alerta de que as partículas (PM10e PM2,5) continúan a presentar unha especial incidencia nas áreas metropolitanas da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, onde se superaron os valores medios anuais e/ou diarios recomendados pola OMS para ambos os dous contaminantes. De igual xeito, durante 2018 volveuse superar a concentración media diaria de dióxido de xofre (SO2) recomendada pola OMS nas zonas máis influenciadas polas emisións deste contaminante debidas á área industrial e portuaria de Arteixo-A Coruña, a Cementos Cosmos (Oural, Sarria) e a Alcoa San Cibrao.
Ecoloxistas en Acción alerta de que as partículas (PM10e PM2,5) continúan a presentar unha especial incidencia nas áreas metropolitanas da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo