E-distrito

Noticias

A Coruña/ A alcaldesa súbese o soldo a 69.200 euros e aumenta o número de asesores ao máximo.

A Coruña/ A alcaldesa súbese o soldo a 69.200 euros e aumenta o número de asesores ao máximo.

  Inés Rey cobrará 29.000 euros máis que Xulio Ferreiro quen en 2015 se baixara o soldo a 40.000 euros brutos anuais.

  08 xullo 2.019

  A proposta do grupo socialista foi aprobada esta mañá por unanimidade e inclúe que os concelleiros de Goberno e os da oposición con dedicación exclusiva pasen a cobrar un total de 59.582 euros. Os que teñan dedicación parcial, como os cinco representantes do PP e os tres de Marea Atlántica, serán retribuídos con 29.800. 

  Inés Rey, que deixou claro que non sente aludida pola decisión salarial da etapa de Marea Atlántica de limitarse o soldo en cumprimento do seu código ético destinando o excedente a fins sociais, decidiu aumentar tamén o número de asesores a cargo do orzamento municipal ata os 27, que é o máximo que permite a Lei para postos de confianza.

  Non existe unha norma legal que regule os soldos nas corporacións locais máis sí existe unha referencia, a Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local, que estupula salarios máximos en base á poboación dos municipios. No caso de poboacións entre os 150.000 e os 300.000 habitantes, a cuantía máxima corresponde a 84.900 euros. 

  Durante o mandato do PP, Carlos Negreira cobraba 65.000 (cantidade que o propio dirixente popular acordou tras as críticas recibidas nun primer momento no que estipulara un soldo superior aos 70.000 euros). Posteriormente Xulio Ferreiro acometeu unha gran rebaixa salarial e pasou a cobrar 40.000 euros. 

  E-distrito. Redacción.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados