E-distrito

Noticias

O novo Plan de Hospitalización a Domicilio permitirá estender este servizo ao 100% dos galegos 365 días ao ano

O novo Plan de Hospitalización a Domicilio permitirá estender este servizo ao 100% dos galegos 365 días ao ano

  Feijóo afirma que "estamos a falar dun plan estratéxico completo para o 100% do territorio e que marcará un antes e un despois".

  10 xullo 2.019

  O presidente da Xunta dixo que actualmente benefícianse desta atención máis de 6.000 pacientes ao ano grazas ás 15 unidades e 45 equipos repartidos por todas as áreas sanitarias galegas

  Alberto Núñez Feijóo, avanzou o pasado luns que o novo Plan Galego de Hospitalización a Domicilio 2019-2023, que se aprobará esta semana no Consello da Xunta, permitirá estender este servizo ao 100% dos galegos os 365 días do ano. “Estamos a falar dun plan estratéxico completo para o 100% do territorio e que marcará un antes e un despois”, dixo, incidindo en que ata o de agora este servizo funciona só de luns a venres, alcanzando o 75% do territorio. 

  Feijóo advertíu que se ben non é fácil trazar o perfil do doente que ten acceso a este servizo, entre os casos están o seguimento de persoas transplantadas ou con patoloxía cirúrxica, pacientes crónicos ou persoas que reciben coidados paliativos, entre outros. Así, actualmente benefícianse desta atención máis de 6.000 pacientes ao ano grazas ás 15 unidades e 45 equipos repartidos por todas as áreas sanitarias galegas.

  Derivado de Xunta.gal.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados