E-distrito

Noticias

A OMS advirte sobre o exceso de azucre nos alimentos para bebés.

A OMS advirte sobre o exceso de azucre nos alimentos para bebés.

  Dous novos estudos da OMS amosan unha alta proporción de alimentos infantís que se comercializan de forma incorrecta como "adecuados para menores de seis meses". 

  17 xullo 2019

  A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda que os nenos deben ser aleitados, exclusivamente, durante o primeiros seis meses de vida. De feito, a seu guía mundial de 2016 para poñer fin á promoción inapropiada de alimentos para lactantes e nenos pequenos establece explícitamente que os alimentos complementarios non deben ser anunciados para os lactantes menores de seis meses. “Unha boa nutrición na infancia segue sendo fundamental para garantir o crecemento e o desenvolvemento óptimo dos nenos, así como para obter mellores resultados sanitarios en etapas posteriores da vida, incluída a prevención de sobrepeso, obesidade e enfermidades non transmisibles relacionadas coa dieta”, afirma Zsuzsanna Jakab, directora rexional da OMS para Europa. 

  Os alimentos complementarios comerciais non deben ser anunciados para os lactantes menores de seis meses de idade

  A institución sanitaria elaborou un proxecto de Modelo de Perfil Nutricional ( MNP) para nenos de 6 a 36 meses co fin de orientar as decisións sobre que alimentos non son axeitados para a súa promoción neste grupo de idade. Tamén desenvolveu unha metodoloxía para identificar os alimentos infantís dispoñibles no comercio polo miúdo e para recompilar datos sobre o contido nutricional nas etiquetas, así como outra información do envase, a etiquetaxe e a promoción (incluídas as declaracións de propiedades). Esta metodoloxía utilizouse para recoller datos entre novembro de 2017 e xaneiro de 2018 sobre 7.955 produtos alimenticios ou bebidas comercializados para lactantes e nenos pequenos en 516 tendas de 4 cidades da Rexión Europea da OMS: Viena (Austria), Sofía (Bulgaria), Budapest (Hungría) e Haifa (Israel). Nas catro cidades, unha proporción substancial dos produtos –entre o 28 e o 60 %– comercializáronse como aptos para nenos menores de 6 meses.  

  Aumenta o gusto polos doces dos nenos.

  Aínda que a lexislación da Unión Europea o permite, non cumpre ditas recomendacións da OMS que declaran explícitamente como este tipo de alimentos non poden comercializarse para os lactantes menores de seis meses de idade. “Espérase que os alimentos para lactantes e nenos pequenos cumpran cos consellos establecidos en materia de nutrición e composición. Con todo, existe a preocupación de que moitos produtos poidan ter aínda un contido demasiado alto de azucres”, apunta João Breda, xefe da oficina europea da OMS para a Prevención e o Control das Enfermidades Non Transmisibles. 

  En tres das cidades, a metade ou máis dos produtos proporcionaron máis do 30 % das calorías dos azucres totais. Ao redor dun terzo dos produtos mencionan como ingrediente o azucre, o zume de froita concentrado ou outros axentes edulcorantes. Estes sabores e azucres engadidos poderían afectar o desenvolvemento das preferencias gustativas dos nenos ao aumentar o seu gusto polos alimentos máis doces. Aínda que os alimentos como as froitas e verduras que conteñen azucres de forma natural son apropiados para os lactantes e os nenos pequenos, o nivel moi alto de azucres libres nos produtos comerciais en puré tamén é motivo de preocupación.

  Derivado de Agencia SINC

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados