E-distrito

Noticias

Barreras solicita o preconcurso de acredores

Barreras solicita o preconcurso de acredores

  A empresa, agora con Pemex como máxima accionista e co 49% en mans de García Costas e Albacora, buscará o saneamento mentres negocia a venda dos títulos con The Ritz Carlton ou Oaktree.

  03 outubre 2019

  Barreras solicita o preconcurso. Acábao de facer no Xulgado do Mercantil número 3 de Vigo, tal e como confirma o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa terá agora catro meses, a contar desde este xoves, para negociar cos acredores e, no caso de non logralo, veríase abocada ao concurso e á suspensión de pagos. Non sería novo para o histórico estaleiro vigués, que pasou xa por un concurso en 2012, afogado pola crise, as consecuencias do tax lease e as millonarias débedas. 

  Barreras solicita o preconcurso e dispón de catro meses para negociar cos acredores mentres negocia a súa venda a Ritz Carlton

  A empresa, agora coa mexicana Pemex como máxima accionista e co 49% en mans de García Costas e Albacora, buscará o saneamento mentres negocia xa a venda dos títulos con The Ritz Carlton ou Oaktree, o fondo de investimento que sostén esta división de transporte marítimo da hoteleira.

  The Ritz-Carlton ten un cruceiro de luxo a construírse en Vigo e varios pedidos máis pendentes. O atraso na entrega e o sobrecusto xerado pola construción deste barco para a división navieira da empresa hoteleira deixa Barreras sen outra solución. O desfase, sobre os 240 millóns do contrato, supera os 100 millóns; a débeda no pagamento a provedores e equipos sitúase nos 20. Con todo, estas auxiliares ás que se lles adebedan estes cartos decidiron non solicitar o concurso e rematar os traballos no buque. 

  Mentres, Oaktree controla xa o estaleiro e apaña toda a información financeira e económica de Barreras, á espera de obter avais do Estado e da Xunta para un crédito. Desde o Goberno galego agardan tamén pola información requirida para tomar unha decisión, seis anos despois da chegada de Pemex, que solta lastre e abandona de vez Galicia tras varios anuncios por parte do Executivo de Feijóo que nunca chegaron a nada.

  Agora, será o Xulgado número 3 do Mercantil de Vigo quen emita axiña o auto que confime a entrada en preconcurso de Barreras en canto analice a solicitude e comprobe que cumpre con todos os requisitos. 

  Derivado de Praza.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados