E-distrito

Noticias

As protestas contra a sentencia inundan as rúas, cortan vías, e obrigan a cancelar máis dun centenar de vóos no aeroporto de Barcelona.

As protestas contra a sentencia inundan as rúas, cortan vías, e obrigan a cancelar máis dun centenar de vóos no aeroporto de Barcelona.

  Medios internacionais: The Guardian fala de encarcelamentos draconianos e vergoña para España e a CNN califica a sentencia como a peor crise da democracia española.

  15 outubro 2019

  Milleiros de persoas saíron á rúa en Catalunya desde que se coñeceu a sentenza  contra os líderes independentistas co obxectivo de paralizar varias das principais infraestruturas e vías de comunicación catalás. 

  Miles de manifestantes dirixíronse ao Aeroporto de Barcelona-El Prat para bloquealo desde o mediodía. Logo de coñecerse a convocatoria de Tsunami Democràtic, un movemento creado para dar resposta ás condenas, os concentrados que estaban no centro de Barcelona empezaron a desprazarse en tren, por estrada e a pé cara á Terminal 1 desta infraestrutura que recibe a diario milleiros de pasaxeiros de todo o mundo. 

  Sobre as tres da tarde, centos de manifestantes trataban de acceder ao recinto do aeroporto, fortemente protexido por un dispositivo policial que conta con centenares de axentes. Os uniformados piden os billetes a todo aquel que tente entrar ao aeroporto e formáronse longas colas nas entradas tanto da terminal de saídas como da de chegadas.

  A situación no aeroporto a esa hora era de excepcionalidade, con numerosos grupos de policías con material antidisturbios patrullando os corredores e pedindo billetes aos viaxeiros que consideraban sospeitosos. De fondo, escoitábanse asubíos e berros dos manifestantes que tentaban acceder ao vestíbulo. 

  A primeira hora da tarde, e ante o colapso dos accesos, máis de vinte voos foran xa cancelados ante a imposibilidade das tripulacións de chegar aos avións. Contra as sete da tarde xa eran 67, segundo AENA, entre eles un con destino á Coruña. Co intento de varias persoas de acceder a lugares restrinxidos, producíronse algunhas cargas policiais, tanto da policía nacional como dos mossos, o que provocou varios momentos de tensión e carreiras. Mesmo algúns xornalistas, identificados, foron golpeados por axentes. 

  A outra situación recorrente nos vestíbulos era a dos viaxeiros e traballadores que non podían saír do aeroporto. Era o caso de Badr Djeddi, traballador de AENA que non podía chegar ao metro para volver ao seu domicilio. "Levo traballando desde as 6 da mañá e agora non sei como chegar a casa", laiábase mentres tomaba fotografías dos manifestantes. Roser Lauren, por exemplo, perdeu o AVE que tiña até Lleida tras chegar dun voo que viña de Berlín. "Quedarei aquí ata que poida saír", admitía. "Chégoo a saber e traio a estelada". 

  Aínda que transportes públicos foron suspendidos para evitar a chegada de manifestantes, moitos deles accederon ao aeroporto a pé polas estradas

  Desde Tsunami Democràtic chamaron a paralizar a actividade do aeroporto para "facer visible á opinión pública o rexeitamento á sentenza" e repartiron a través da súa canle de Telegram centos de códigos de billetes de avión para facilitar o acceso ao recinto, sen que a medida tivese moito éxito.

  As mobilizacións foron xeneralizadas tras coñecerse a condena a entre nove e trece anos de cárcere aos líderes do procés. Desde primeira hora da mañá deste luns, grupos de manifestantes cortan estradas en distintos puntos de Catalunya e, en Barcelona, varias protestas simultáneas mantiveron paralizado o tráfico. Sobre as 13 horas, o Concello calcula que había unhas 25.000 persoas nas rúas.

  De acordo cos chamamentos feitos polas entidades soberanistas ao facerse pública a sentenza do Supremo, miles de persoas tomaron as rúas, empezando polos traballadores dos distintos departamentos da Generalitat, que tras coñecer as condenas ás súas ex-consellers saíron en protesta desde distintos puntos da capital catalá. 

  As marchas cortaron varias vías do centro de Barcelona e están a dificultar a circulación por algunhas da saídas da área metropolitana. En concreto, os manifestantes cortaron a Gran Vía, Vía Laietana, a Rambla, Sant Joan e o paseo de Lluís Comapanys, Diagonal a Ronda de Dalt. Entre os convocantes estaban entidades como Òmnium e a ANC, que chamaron a concentrarse fronte ás súas sedes, e dirixíronse logo cara a puntos como Arc de Triomf -fronte á sede do Tribunal Superior de Xustiza- ou a praza Catalunya.  

  Mentres, miles de estudantes universitarios tamén saíron á rúa en Barcelona, cortando algunhas rúas. Á tarde, varios grupos de manifestantes cortaron a AP-7 e montaron barricadas nas vías do AVE e no do tren de proximidade en Girona. 

  Máis aló de Barcelona, hai protestas tamén nas principais cidades de Catalunya. Segundo o Servizo Catalán de Tráfico chegáronse a cortar, de forma interminente, unha trintena de estradas, aínda que por agora ningunha autoestrada. En Girona, un grupo de manifestantes ocupou a estación de Renfe.  

  Ademais, ducias de axentes da Policía Nacional e dos Mossos custodiaron desde primeira hora da mañá a estación de Sants, a principal estación ferroviaria de Barcelona. 

  Para evitar cortes de tráfico e incidentes como os ocorridos o pasado domingo, os axentes protexen as entradas e piden o billete a todo o que tente entrar no recinto. As autoridades tamén pecharon o acceso directo á estación desde os túneles do metro e obrigan aos pasaxeiros a saír á rúa para poder entrar á estación. 

  Repercusión internacional.

  Medios internacionais: The Guardian fala de encarcelamentos draconianos e vergoña para España e a CNN califica a sentencia como a peor crise da democracia española. O diario británico advirte de que esta sentencia converte aos líderes independentistas en presos políticos. 

  Le Monde en Francia enumera as penas de prisión acompañando a noticia cunha foto dun manifestante pedindo a liberdade para os presos políticos. Tamén a BBC explica a situación de Catalunya indicando no corpo da nova que se trata dunha Comunidade Autónoma con "unha historia diferenciada dende hai case mil anos". 

  Derivado de Praza e 20Minutos.

  

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados