E-distrito

Noticias

As Anpas galegas rexeitan o veto parental por ser un ataque intolerable á diversidade

As Anpas galegas rexeitan o veto parental por ser un ataque intolerable á diversidade

  Tachan o debate de "absolutamente falso" mentres Feijóo afirma tamén que "a maioría dos galegos non sabemos o que é nin temos moito interese".

  22 xaneiro 2020

  A Confedración de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos Galega mostrou o seu rexeitamento ao que o partido de ultradereita Vox denomina "pin parental" e, ademais, tachouno de "ataque intolerable contra a atención á diversidade, a inclusión, a loita pola igualdade e o respecto entre xéneros".

  Este concepto de "pin parental" é un tipo de censura educativa que pretende implantar o partido político en comunidades como Murcia para que os pais dos alumnos "teñan a liberdade de decidir" --a través dunha "autorización expresa"-- se os seus fillos teñen consentimento para recibir contidos curriculares en materias, actividades titoriais, talleres e clases sobre educación afectivo-sexual, feminismo, ou calquera outra cuestión que consideran "moral".

  A xuízo da agrupación de Anpas "é sorprendente que as mesmas ideoloxías que laminaron as liberdades de expresión das familias e do profesorado nos centros escolares públicos, veñan agora a reivindicar esa liberdade".

  Ademais, afirman que "a participación de familias no control dos centros educativos está garantida ao estar incluídas dentro dos consellos escolares", onde se valora o Plan Xeral Anual do centro e onde están incorporadas as actividades tanto ordinarias como extraordinarias.

  Os pais e nais galegos aseguran, ao mesmo tempo, que "non hai ningunha familia do ensino público galega que rexeitase explicitamente contidos cos que se traballa na formación (académica ou transversal) do alumnado galego" e que o debate sobre este asunto é "absolutamente falso".

  No comunicado que emitiu a confederación este mércores, explican que os valores como a inclusión, a diversidade ou a loita pola igualdade son "valores que están incorporados na lexislación e na vida cotiá", así que esperan contar coa "colaboración" da Escola Pública galega para "a educación das nosas fillas e fillos como cidadás e cidadáns informadas, libres, tolerantes e participativas".

  Derivado de GConfidencial.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados