E-distrito

Noticias

A Coruña/ As obras de demolición do viaducto da Rolda de Nelle avanzan a bo ritmo conforme aos prazos.

A Coruña/ As obras de demolición do viaducto da Rolda de Nelle avanzan a bo ritmo conforme aos prazos.

  A alcaldesa Inés Rey visitou o cruce xa sen viaducto e no que se restablaceu a circulación na Avenida de Fisterra. 

  28 febreiro 2020

  A alcaldesa agradeceulle á veciñanza a súa paciencia polos traballos dun proxecto complexo que entrou na súa terceira fase e que inclúe a urbanización da zona con novos espazos peonís e un carril bici

  A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, visitaron onte á mañá as obras de demolición do viaduto da Rolda de Nelle para comprobar o avance do proxecto que xa entrou na súa terceira fase e que suporá unha gran transformación na mobilidade do barrio, onde os peóns terán prioridade.

  A rexedora, que destacou que os traballos avanzan "a un ritmo espectacular" e dentro dos prazos previstos, valorou como "moi positivo" o feito  de que, a pesar da complexidade técnica do proxecto, "en apenas cinco días a avenida Fisterra estea aberta ao tráfico". Rey felicitou o persoal técnico e as traballadoras e traballadores da empresa por lograren en pouco tempo que os vehículos poidan circular, e as persoas responsables da área de Mobilidade e mais a Policía Local polo seu labor, "xa que os problemas de circulación e as retencións de tráfico foron mínimos".  

  E, por suposto, quíxolle agradecer á veciñanza da zona "a súa paciencia" polos inconvenientes xerados polos labores de derrubamento. Non é unha obra sinxela pero si moi necesaria, dixo á vez que destacou o impacto visual que supón para as e os veciños ver tan despexada a zona sen o viaduto despois de 40 anos.   

  A actuación entra na súa terceira fase de desenvolvemento. Ata o día 5 de marzo demoleranse os vans 2 e 1, así como os estribos e os muros dos estribos. Nesta fase, manterase o valado da fase 2 mais permitirase o paso peonil e de vehículos pola avenida de Fisterra. A partir do 5 de marzo, unha glorieta servirá para regular o tráfico coa avenida de Fisterra.  

  Unha vez que finalice por completo a demolición e se recolla o entullo, porase en marcha o proxecto de humanización do barrio, que inclúe ampliación de beirarrúas e espazos peonís, plantación de árbores e instalación de bancos e mais dunha estación de Bicicoruña, explicou a alcaldesa durante a súa visita.   

  Estación Intermodal

  Canto ás obras da Intermodal, o edil de Urbanismo, Juan Díaz Vlloslada, confirmou que o concello xa puxera en marcha todas as modificacións do Plan xeral de ordenación municipal que garanten os accesos á estación. "Estamos traballando de maneira conxunta coa Xunta e Adif para ultimarmos termos do convenio que debemos asinar as tres administracións", explicou.  

  Villoslada confía en que nun par de semanas se poida presentar un borrador de convenio que recolla a petición de Adif de contar con máis edificabilidade no ámbito ferroviario. Peticións, reiterou, que non chocan cos intereses municipais

  Derivado de Coruna.gal.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados