E-distrito

Noticias

Os galegos outórganlle a Feijóo a 4ª maioría absoluta e o BNG triplica a súa representación

Os galegos outórganlle a Feijóo a 4ª maioría absoluta e o BNG triplica a súa representación

  O PSdG sube un escano e GeC desaparece ao non chegar ao 5%. A ultradereita española segue sen entrar no Parlamento galego.

  A nivel estatal queda en entredito o liderazgo de Casado; mentres o PSOE aumenta representación tanto en Galicia como en Euskadi, o PP fracasa no Páis Vasco despois de que forzase a lista conxunta con C´s, lista que Feijóo rexeitou conseguindo revalidar a absoluta. 

  Todos os partidos nacionalistas (BNG, Bildu, PNV) experimentan importantes subidas.

  13 xullo 2020

  Alberto Núñez Feijóo e Ana Pontón. Feijóo e Pontón. Eles dous son os grandes gañadores duns comicios históricos marcados por unha terrible pandemia que, finalmente, favoreceu ao partido no poder. A diferencia estivo en que o primeiro foi un gañador na victoria e a segunda unha gañadora na derrota. 

  Pero os comicios galegos marcan unha tendencia única no Estado. Galicia volve ao tripartidismo que dinamitou a irrupción de Podemos, primeiro, e Ciudadanos e Vox, despois no panorama político estaltal. Tras experimentos rupturistas en Galicia que se romperon, o Parlamento galego volve ter os tres partidos de sempre: PPdeG, BNG e PSdeG.

  Feijóo demostrou, unha vez máis, que é a gran sombra de Casado. Tan longa que pode acabar afogando ao actual líder do PP. A súa cuarta maioría absoluta fai que se converta no novo Fraga de Galicia. Ata agora, só el e o fundador do PP son os únicos políticos que obtiveron catro maiorías absolutas, e as catro consecutivas.

  O ascenso do BNG co Pontón

  Gañou Feijóo, pero tamén gañou Ana Pontón. Pontón conseguiu o que nunca antes conseguira outro líder do BNG, superar os históricos resultados de Xosé Manuel Beiras (non en votos pero sí en escanos), quen no 1997 realizou o primeiro "sorpaso" ao PSdeG con 18 escanos e o 25,11% dos votos. Pontón obtivo 19 con case o 24%  dos votos, nuns resultados que demostran que o esfarelamento de todo o antigo espazo da Marea foi directamente ao BNG.

  Pontón demostrou que foi crecendo ano tras anos e que os anos de experiencia política, desde o 2004 cando accedeu á Cámara galega, fixeron que se teña convertido nunha líder sólida dentro do BNG. O feito de ser muller e a única muller con capacidade de ser presidenta en Galicia, unido á campaña favorable incluso dos medios de dereitas, axudoulle moito nesta campaña que os estrategas nacionalistas souberon ver e potenciar ao longo desta campaña.

  A caída de En Marea.

  E todo o que gañou o BNG perdeuno o antigo espazo de En Marea, tanto, que ningunha das dúas forzas que se presentaban dividadas, obtiveron escano. É a maior caída da gloria ao ocaso dunha formación política en Galicia. Os que estaban chamados a cambiar Galicia, acabaron sendo cambiados e aniquilados polr medios de comunicación e polos electores en boa medida polas liortas internas que os foron minguando durante todos estes anos.

  Gómez-Reino, o seu candidato, anunciaba unha "fonda reflexión" para analizar o futuro político. Un futuro político negro que pode acabar levando por diante ás mareas municipais que aínda subsisten en Ferrol, Santiago e A Coruña. 

  O PSdG non mobiliza.

  Tampouco gaña o PSdeG, aínda que non perde. Mantivo os resultados de hai catro anos, ata os superou conseguindo máis votos e un escano máis pero non foi quen de amosarse como una opción de gobernabilidade nin de ser punto de recepción dos desencantados de En Marea Gonzalo Caballero era un líder cun impresionante curriculo e novo, mais non acadou a repercusión suficiente e a sombra á que estivo sometido polos medios contribuiu a que non resultase suficientemente coñecido entre a opinión pública.

  Por iso, Caballero destaca a súa intención de manterse na oposición catro anos para ir madurando como líder e buscar o espazo e os electores perdidos. "Eu acabo de chegar. E non é chegar e bicar o santo", xustificaba para destacar a necesidade de estabilidade no liderato da súa formación.

  Outros actores.

  Os comicios tamén demostran que as propostas galeguistas de Marea Galeguista non callaron a pesar de dispor de tempo nos medios públicos. Un tempo que non tivo Galicia en Común pero que tampouco lle serviu a Marea Galeguista para entrar na Cámara.

  E as eleccións galegas demostran igualmente que Galicia segue sendo un fortín contra a ultradereita española. Vox volveu quedar fora do parlamento galego e sen representación nunhas eleccións. Polo momento, non hai representación en concellos, Cámara galega e Congreso desta formación. Nin tampouco Ciudadanos que paga, en parte, o esfarelamento que esta formación tivo nas eleccións xerais de novembro de 2019 e as posteriores divisións ata a eleccións de Inés Arrimaas como nova líder.

  Derivado de GConfidencial.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados