E-distrito

Noticias

O Rei Emérito de España abandona o país en pleno aluvión de escándalos financeiros.

O Rei Emérito de España abandona o país en pleno aluvión de escándalos financeiros.

  O ex-xefe do Estado atribúe a súa marcha á "repercusión pública que están xerando certos acontecementos pasados da miña vida privada", os cales non especifica nin nega.

  A Fiscalía do Tribunal supremo ten aberta dende hai dous meses unha investigación que ten como obxectivo aclarar se o rei emérito cometeu delitos de branqueamento de cartos e fiscais polo presunto cobramento de comisións. Esa investigación en España estaría condicionada pola inviolabilidade de Juan Carlos de Borbón ata, cando menos, a abdicación en 2014.

  Existe tamén outra investigación en Suíza, que pescuda sobre os movementos en contas dese país onde, presuntamente, Juan Carlos de Borbón manexou unha estrutura financeira para mover cartos como os procedentes de Arabia Saudita. 

  06 agosto 2020

  Menos de cinco meses despois de que a Casa Real decidise aproveitar o primeiro día do estado de alarma polo estourido da pandemia do coronavirus para anunciar medidas que pretendían afastar o actual rei de España do presunto cobro de 100 millóns de euros de Arabia Saudita por parte do seu pai, o rei emérito Juan Carlos de Borbón, a xefatura do Estado move a seguinte peza. No primeiro luns de agosto, a Casa do Rei confirma que, en pleno aluvión de escándalos financeiros, Juan Carlos I marcha de España.

  O rei emérito atribúe a decisión á "repercusión pública que están xerando certos acontecementos pasados da miña vida privada", que non aclara nin nega

  Nun comunicado remitido aos medios e difundido a través do seu sitio web, a Casa Real reproduce o que, di, é unha carta de Juan Carlos de Borbón ao seu fillo, o rei Felipe VI. Na misiva, o ex-xefe do Estado atribúe a súa marcha á "repercusión pública que están xerando certos acontecementos pasados da miña vida privada", os cales non especifica nin nega, e á súa vontade de "contribuír a facilitar o exercicio das túas funcións" con "tranquilidade" e "sosego".

  "O meu legado, a miña propia dignidade como persoa", di a Casa Real que reza a carta de Juan Carlos de Borbón, "esixen" a "meditada decisión de trasladarme, nestes momentos, fóra de España". O ex-monarca presenta este movemento como continuación doutro, o seu "desexo de deixar de desenvolver actividades institucionais" dende hai un ano. 

  Segundo a casa Real, o actual xefe do Estado "transmitiu á súa maxestade don Juan Carlos o seu máis sentido respecto e agradecemento ante a súa decisión"

  Esta, asegura, é "unha decisión que tomo con profundo sentimento, pero con gran serenidade". "Fun rei de España durante case corenta anos, e durante todos eles, sempre quixen o mellor para España e para a Coroa", sinala algo máis de seis anos despois de, tamén cercado polos escándalos, abdicar no seu fillo.

  No propio comunicado, a Casa Real indica que o actual xefe do Estado "transmitiu á súa maxestade don Juan Carlos o seu máis sentido respecto e agradecemento ante a súa decisión". "O rei -agrega- desexa remarcar a importancia histórica que representa o reinado do seu pai, como legado e obra política e institucional de servizo a España e á democracia". Asemade, sinala, "quere reafirmar os principios e valores sobre os que esta se asenta, no marco da nosa Constitución e do resto do ordenamento xurídico".

  Sucesión de escándalos tamén con vertente xudicial

  O anuncio desta caste de exilio chega cando, ao contrario que nas anteriores ocasións, os escándalos que arrodean o patriarca da Casa Real teñen tamén derivadas xudiciais. Non en van, como informou eldiario.es, a Fiscalía do Tribunal supremo ten aberta dende hai dous meses unha investigación que ten como obxectivo aclarar se o rei emérito cometeu delitos de branqueamento de cartos e fiscais polo presunto cobramento de comisións a cambio de facer de intermediario en contratos de construción de empresas españolas para o tren de alta velociade en Arabia Saudita.

  Entre as persoas que declararon perante as autoridades suízas está Corinna Larsen, quen segundo transcendeu admitiu que Juan Carlos de Borbón lle entregara 65 millóns de euros

  Esa investigación en España, que estaría condicionada pola inviolabilidade de Juan Carlos de Borbón ata, cando menos, a abdicación en 2014 -a cerna do debate xudicial é se esa inviolabilidade vai alén desa data-, non é a única. Existe tamén outra en Suíza, que pescuda sobre os movementos en contas dese país onde, presuntamente, Juan Carlos de Borbón manexou unha estrutura financeira para mover cartos como os procedentes de Arabia Saudita. 

  Entre as persoas que declararon perante as autoridades suízas está Corinna Larsen, quen segundo as informacións transcendidas nos últimos anos foi parella de Juan Carlos de Borbón durante anos. Entre as súas declaracións destaca a revelada polo xornal El País, segundo a cal Larsen asegurou que Juan Carlos de Borbón lle deu 65 millóns de euros non para branquealos, senón por amor.

  Derivado por Praza.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados