E-distrito. A primeira plataforma xeralista da Coruña.

Axenda de Eventos

8

18 e 19-01/ "Sex o no sex"

  A cargo de Virginia Imaz Quijera do grupo de teatro OIHULARI KLOWN.

  Parodia clown. Pauxa é unha pallasa que se pregunta sobre a vida, a morte e o sexo. Tomando as persoas do público como cómplices e testemuñas das súas delirantes reflexións, compártenos as súas diferentes iniciacións en temas sexuais e confésanos as súas inquietudes sobre as relacións humanas en xeral e a dificultade de xestionar vínculos saudables. Neste espectáculo, Virginia Imaz preséntanos en clave de humor e tenrura, unha vez máis grazas ao xogo clown, temas como a regra, a polución, a complicada relación co propio corpo, o primeiro bico, o coito, o parto, a menopausa... e, en xeral, a materia pendente do pracer sen culpa. Trátase dunha proposta lúdica que toma como referente os nosos hábitos - ou a falta deles - en relación ao sexo, e como vén sendo habitual en todas as creacións de Oihulari Klown, faino desde unha perspectiva de xénero.

Lugar:

  • Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Data:

  • 19/01/2018

Hora:

  • 20:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos