E-distrito. A primeira plataforma xeralista da Coruña.

Axenda de Eventos

A

GARUFA CLUB. Sumrrá

  Sumrrá é a formación cunha das traxectorias máis sólidas e constantes da escena jazzística estatal, cunha gran proxección internacional, como certifican as súas xiras por festivais de Bolivia, Bulgaria, Sudáfrica ou China. 

  Desde os seus inicios, Sumrrá cautivou á crítica e público cun jazz inclasificable, melódico e moi aberto, destacando a orixinalidade das súas composicións, a calidade dos seus integrantes e a frescura dos seus directos. Sumrrá non entende de modas, de etiquetas, nin de estilos. Pasaron 17 anos, que en jazz é moito tempo, desta feliz reunión, e o trío continúa reinventándose e alimentándose dos proxectos paralelos dos seus compoñentes.

.

Lugar:

  • Garufa Club. Rúa Riazor 5, A Coruña

Data:

  • 18/01/2018

Hora:

  • 22:30 h

Prezo:

  • 8 Euros

Ver todos os eventos