E-distrito

Axenda de Eventos

R

TRC danza: "La desnudez"

  Danza contemporánea de Daniel Abreu

  Este espectáculo fai uso de luces estroboscópicas.

  "La desnudez" xira arredor da beleza das cousas. Segundo Dácil e Abreu, este traballo podería titularse Xeografía, porque trata de recompoñer e revisar o que hai, xa sexa un corpo material ou un impulso.

  Unha xeografía de instantes e obxectos que nos falan dese camiño que vai do amor á morte, chea de cambios rápidos como cando moitos ollos miran á vez a mesma cousa.

  Daniel Abreu é Premio Nacional de Danza por ser dono dunha linguaxe persoal e pola creación dun universo innovador e arriscado.

  "Non por estar máis maiores imos deixar de movernos, é máis, o corpo dos corenta anos case pide moverse máis, construír cos últimos alentos da enerxía reprodutiva". Daniel Abreu

  Intérpretes: Dácil González e Daniel Abreu

  Dirección, coreografía e espazo: Daniel Abreu

Lugar:

  • Teatro Rosalía Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 14/12/2018

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados