E-distrito

Axenda de Eventos

8

18 e 19-01/ Ciclo Principal: El precio

  De Arthur Miller baixo a dirección de Silvia Munt

  Dous irmáns reencóntranse no faiado da casa familiar despois de 16 anos sen falárense. En breve, a casa debe ser derruída e, Víctor, un humilde policía a piques de retirarse, e a súa muller Esther convocan o irmán maior, Walter, cirurxián de éxito, a un encontro co taxador para decidir o prezo dos vellos mobles familiares... Están no faiado, examinando os obxectos depositados baixo unha capa de po, pero estes vellos trastos non son o único que hai na casa: tamén hai unha chea de recordos, pantasmas que lles farán pensar aos protagonistas en como poderían ser as cousas se, en certo momento, tomasen outras decisións.

  Con Tristán Ulloa, Gonzalo de Castro, Eduardo Blanco, Elisabet Gelabert

  Dirección: Silvia Munt

  Compañía: Bitó

Lugar:

  • Teatro Rosalía Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 19/01/2019

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados