E-distrito

Axenda de Eventos

E

TEATRO COLÓN. Sara Ruiz presenta “La biblioteca de Eleonore”

  Fantasías para viola da gamba de Georg Philipp Telemann

  Estrea dunha partitura perdida nunha experiencia única do público sobre as táboas coa artista.

  Grazas á nobre poetisa Eleonore von Münster (1734-1794), que gardou coidadosamente na súa biblioteca privada unha copia das doce fantasías para viola soa de Georg Philipp Telemann, hoxe podemos escoitar esta xoia do repertorio para viola que até hai pouco se consideraba perdida. Os fondos desta biblioteca foron transferidos no ano 2000 ao Arquivo Estatal da Baixa Saxonia e alí permaneceron até que en 2015 foron sacados á luz.

  O recente descubrimento das doce fantasías de Telemann representa, sen dúbida, o máis importante achado para o repertorio deste instrumento en tempos actuais. A violagambista Sara Ruiz ofreceu un recital o pasado mes de maio no Festival de Música Antiga de Aranjuez no que foi a estrea en España desta colección de pezas.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avda da Mariña 7A, 15001 A Coruña

Data:

  • 25/01/2019

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados