E-distrito

Axenda de Eventos

a

Tachenko

  Presentación do seu disco El don del vuelo sin el arte hermano del aterrizaje

  Dentro duns anos, dedicarémonos a facer catas verticais cos discos de Tachenko. Reunirémonos con vellos pantalóns de pana desgastados e americanas que nalgún momento foron bonitas (con cobadeiras, por suposto), para debater. Véxoo. Escollendo con coidado cada palabra para impresionar as persoas estudosas de distintos puntos cardinais reunidos alí, para sorprendelas coa frase analizada ese semestre na cátedra que cada unha e cada un teñamos. Postos a escoller, pídome nalgún lugar con verde e cafeterías de madeira, por favor. E a colleita de 2018 será das boas, das excelentes, porque este ano choveu moito e isto axuda. Ao campo e á vida en xeral. A vida sinxela, a que retrata Tachenko en cada disco. A que celebra o xesto menor como unha vitoria. Certeiras palabras acomodadas en melodías marca da casa. En tempos onde as follas promocionais deben vender fume con detalles absurdos que non importan, escribir acerca da materia nobre desta arte que é facer cancións non sabedes como me gusta. Elas falan. Non fai falta dicir que maduraron porque só se fixeron máis vellos, no sentido da sabedoría adquirida entre risas, copas e bicos de amigos. Porque iso é para min Tachenko, a célula activa xunto ao Ebro á que acudo cando quero que a guerra das cancións non acabe nunca. Aquí está a colleita de 2018.

.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avda da Mariña 7A, 15001 A Coruña

Data:

  • 21/02/2019

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados