E-distrito

Axenda de Eventos

t

Ata o 17-03/ EXPO: Xeometría en planta2

  Acadando o invisible

  Victoria Díaz Castiñeira

  Como se de un ciclo en espiral se tratase, deixome levar por un mundo de líñas claras trazadas en calas e magnolias e en gotas que se deslizan polas follas dunha profusa naturaleza impregnada dun líquido imprescindible: a auga

  Gotas que se desprenden seguindo o seu inevitábel percorrido piriforme, reflectindo no seu interior - con ollo case humano - que entende do contido dun modo convexo, contrapondo a razón á emoción.

  Desde un concepto xeométrico-científico a un desenvolvimiento artístico - creativo.

  Diríxome ás pegadas que marcan o curso da historia, alí gardadas e descifradas por matemáticos como Hipatía de Alexandría, Euclides ou Descartes.

  Condicionando a filosofía de Platón, a literatura de Goethe, a arquitectura de todos os tempos.

Da Astronomía á Astroloxía. Atopando o valioso número áureo que fará os cálculos de complexas estructuras sen as que o desenvolvemento da humanidade non sería tal.

Inventos como o hidroscopio ou o astrolabio.

Coa certeza de que o reino vexetal continúa deixando as súas pegadas escribindo a historia da humanidade con TINTA DE CLOROFILA.

Lugar:

  • Casa Museo de María Pita. Rúa Herrerías 28. 15001 A Coruña

Data:

  • 17/03/2019

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados