E-distrito

Axenda de Eventos

E

FESTAS DE MARÍA PITA. Borja Quiza coa Orquestra Gaos.

  Borja Quiza.

  Aínda que nado en Ortigueira trasladouse á Coruña onde se licenciou en Informática na Universidade coruñesa. Alí tamén empezou a cantar de xeito afeccionado, primeiro no coro municipal da cidade, logo na coral Follas Novas e posteriormente no coro da Orquestra Sinfónica de Galicia. 

  Practicante de esgrima, foi subampión de España júnior de florete. A partir de aí dá o salto ao eido profesional como intérprete tanto de ópera como de zarzuela. Ten interpretado importantes papeis protagonistas, coma o Fígaro do Il Barbiere de Siviglia, Guglielmo de Così fan tutte o Papageno da Die Zauberflöte ou Marcello de La Bohème. 

  En 2009 gañou o premio español Ópera Actual como o mellor cantante lírico daquel ano e en 2010 o Premio Lírico Teatro Campoamor de Oviedo como mellor intérprete de zarzuela. Na tempada 2011/12 foi o 8º no ránking galego na modalidade de florete.

.

Lugar:

  • Praza de María Pita.

Data:

  • 12/08/2019

Prezo:

  • De balde

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados