E-distrito

Axenda de Eventos

a

Fantastic Colofón

  Con motivo do estado de alarma decretado polo goberno a causa do COVID-19, este espectáculo foi aprazado, fixándose nova data para a celebración do mesmo, sempre que o estado de alarma xa non continúe en vigor nesta data, non se decrete un novo e/ou non se limite a realización de espectáculos en recintos pechados.

  No caso de que non queira acudir na nova data establecida para a súa celebración, pode solicitar a devolución do importe da localidade no prazo máximo de 1 mes desde esta comunicación.

  As persoas que desexen asistir ao evento na nova data poderán facer uso dos tickets que xa teñen ou proceder á reimpresión dos mesmos coa nova data.

  Para as entradas compradas en taquilla, trala reapertura da mesma, habilitarse un prazo para atender ás posibles devolucións.

 

  GALA FINAL E ENTREGA DE PREMIOS EMHU 2020

  O Fantastic Colofon é o espectáculo de clausura do EMHU. Trátase dunha gala creada para o festival e da que só haberá unha representación. Non a podes perder!

  Ademáis, no evento contaremos con David PerdomoLuis Piedrahita (El Hormiguero e El Club de la Comedia) e Xosé Antonio Touriñán (Fariña y Land Rober). Este elenco de luxo citará a varios compañeiros/as de profesión para presentar un espectáculo único e exclusivo. Tras máis de dez días de actuacións en directo, encontros, mesas redondas, exposicións e estreas, esta gala corona o festival dende o Teatro Colón de A Coruña.

  Ademáis, xa que temos nun mesmo teatro a David, a Touriñán e a Piedrahita rodeados de amigos e cameos, aproveitaremos para entregar os Premios EMHU aos artistas gañadores deste ano. Os Premios EMHU 2020 son o broche final do Encuentro Mundial de Humorismo e do Fantastic Colofon. Contaráse coa colaboración da Casa Museo Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo e da Fundación Wenceslao Fernández Flórez.

  **Por problemas de axenda motivados polo cambio de data, David Perdomo sustituirá a Silvia Abril.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avda da Mariña 7A, 15001 A Coruña

Data:

  • 27/09/2020

Hora:

  • 20:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados