E-distrito

Axenda de Eventos

e

Verto

  VERTO son dous rapaces máis ou menos de Santiago que fan, antes ca nada, música Pop, da moderna, da de agora. Teñen influencias do trap e do R&B máis actual, pero miran con ansia cara a música dos 80.

  Levan moi pouco tempo, concretamente dende novembro do 2019 que estrearon o seu primeiro single Amolecer. Dende aquela acumulan unha media de 26.000 oíntes mensuais en Spotify.

  Segundo eles mesmos din, non lles gusta tomarse tan en serio. Só queren facer música que lle faga bailar ós colegas. Só queren facer temazos con moito autotune e coa maxia que ten gravala na habitación de Fer, e con iso, ser capaces de chegar a todo o panorama estatal.

  Digamos que o seu é Puro Ocio.

.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avenida da Mariña nº 7A 15001 A Coruña

Data:

  • 20/06/2021

Hora:

  • 20:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados