E-distrito

Axenda de Eventos

t

Ata o 30-09/ EXPO: "A nosa Coruña" de Giovani Ramírez.

  A exposición "A NOSA CORUÑA" é unha representación de obras de diferentes rúas e lugares emblemáticos da nosa cidade.

  O pintor inspirouse na xente procedente de todos os lugares do mundo que pasearon polas súas rúas, e de aí xurdiu a gran lema "A Coruña, cidade onde ninguén é forasteiro" que usou para recrear a súa obra.

  Presenta trinta obras de diferentes tamaños e técnicas, onde o óleo e a acuarela forman parte desta exposición, sendo o fío condutor da exposición as rúas e as súas xentes paseando pola cidade.

  Giovani preséntanos unha obra realista con toques creativos, e unha luz que crea un ambiente que capta moi ben o estilo da nosa cidade. Pódese ver entre outras, Rego de Auga, praza de Ponteveda e así ata as trinta obras que forman a exposición.

Lugar:

  • Asociación de Artistas Plásticos Galegos - Arga. Rúa San Andrés 28, Bj. 15003 A Coruña

Data:

  • 30/09/2021

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados