E-distrito

The Style of

Tipo de Establecimento: Peiteado / Estética / Masaxes / Ximnasios-Ioga / Tatuaxes » Beleza. Peiteado

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: shop@thestyleofblog.com

  TheStyleOf naceu, hai varios anos, como un blog de beleza e moda. Tras moito tempo formándonos e pensalo moito, decidimos que xa era hora de dar o gran paso e abrir nosa propia tenda, tanto online como física. Nela poderás atopar perfumes, maquillaxe e produtos para o coidado da pel. Pero non só iso, senón que poderás atopar o asesoramento necesario para que acertes nas túas compras. 

  Poderedes atopar marcas tan coñecidas como Bell ou StageLine, sen esquecernos de Jorge de la Garza, unha marca 100% española e perfecta para eses momentos tan importantes nos que queremos estar impecables.

  Está claro, que se nos maquillamos (ou se non o facemos, iso é indiferente) necesitaremos un coidados faciais, e aquí tamén os atoparás. Lembra: pel só temos unha, así que debemos coidala. 

  Como podedes ver, a tenda fai honra ao seu nome, e é que cada un de nós temos un estilo diferente, xa sabes cal é o teu? Estamos seguros que cos nosos consellos poderás obter o estilo que máis se adapte á túa vida.

  Web: http://thestyleofblog.com

Enderezo

  • Rúa Oidor Gregorio Tovar 28
  • 15007 A Coruña
  • Móbil: 627 80 43 13
  • Web: http://thestyleofblog.com
  • E-mail: shop@thestyleofblog.com

Horario de Atención

De luns a venres

de 09:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 h

Sábados de 09:30 a 14:00 h


Voltar á páxina anterior

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados