E-distrito

Taller Arte El tigre de Montealto

Tipo de Establecimento: Biblioteca/ Libros/ Museos e Arte/ Viaxes » Museos, Artes, exposicións, artesanía... (clases)

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: roge.fdez.m@gmail.com

.

  Roge Fdez. Taller de Arte El Tigre de Montealto. 

  Taller de arte onde desenvolvo a miña labor pictórica e imparto clases a nenos/as e adultos.

  Nos últimos 4 anos, e a través do proxecto CINEFILIAS, adiqueime case en exclusiva a realizar retratos de actores, actrices e personaxes que deixaron pegada no imaxinario popular. Actualmente CINEFILIAS xa supera os 200 retratos.

  Isto levoume a atender encargos e realizar todo tipo de retratos: individuais, de parellas ou grupos e incluso de mascotas.

  Polas tardes imparto talleres a nenos/as e adultos en grupos reducidos.

 

Instagram @rogefdez
Facebook #mesié roge fdez
rogefdez.es

  Nace na Coruña en 1973. Licenciado en Dereito, realiza ao tempo estudos de “Artes aplicadas ao volume” na escola Pablo Picasso da Coruña. Posteriormente especialízase en Talla en Pedra pola Escuela de Artes y Oficios de Granada.

  Durante anos alterna a súa labor creativa, principalmente pictórica, con diversos traballos e oficios que amplían o seu coñecemento dos materiais e ferramentas escultóricas. Á experiencia do seu traballo nunha fundición artística, súmase a de carpinteiro e ebanista. Traballa tamén como xefe de moldes para Sargadelos en O Castro, e perfecciona a súa técnica de talla en pedra e mármol tallando imaxes relixiosas para unha marmolería. A súa formación escultórica continúa desenvolvéndose en Granada, Toledo, Jerez de la Frontera, onde realiza diversas exposicións, e na Coruña, onde modela e esculpe figuras para unha fábrica de maniquíes e escaparatismo.

  A partires de 2010 comenza a súa carreira audiovisual, recibindo premios coas súas dúas primeiras pezas: “Máis alto, máis neno”, vídeo conmemorativo do 25 aniversario da Casa das Ciencias, e o curto “ EXTRAN-GE”, 1ero premio do concurso SOCIALCINE 2011, do Concello da Coruña. Nos últimos anos realizou numerosas produccións audiovisuais, entre curtos e publicidade, e tamén pezas artísticas e de documentación en colaboración con outros artistas como Alfonso Abelenda, Javier Correa-Corredoira, Jaime D. Tenreiro, Jacobo Bugarín, Federico Vladimir Strate Pezdirc, Marta Alvim, Christian García Bello, MP19, Amador Iravedra, Neves Seara, Spela Trovec, Nuria Güel, Rita Rodríguez, Lucía Loren, Branda, Xosé Vizoso, Victoriano Fernández e Obidiu Batista entre outros.

  En 2014 inicia o proxecto pictórico CINEFILIAS no que aglutina as tendencias creativas recurrentes na súa carreira artística.

Enderezo

  • Rúa Santo Tomás 59
  • 15002 A Coruña
  • Teléfono: 669 22 93 66
  • E-mail: roge.fdez.m@gmail.com

Horario de Atención

De martes a venres

de 17:00 a 20:00 h


Voltar á páxina anterior

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados