E-distrito. A primeira plataforma xeralista da Coruña.

D. 063 - Centro.

  • Actividades
  • Comercios
  • Roteiro

Hostelería. Alimentación. Música, salas, material

Cafetarías e restaurantes. . Alimentación. Bebidas. Música. Salas de concertos, material, cursos..

Compras

Electrodomésticos.... Imprenta. Cartuchos. - Venda especializada/ varios. Informática, Son e Imaxe. Tecnoloxía. Comunicacións.. Xoiarías. Reloxos. Bazar. Regalos... Casa. Moda, Textil, Deportes, Mercería.... Perfumaría, Cosmética, Drogaría.... Zapaterías, zapateiros..

Peiteado / Estética / Masaxes / Ximnasios/ Tatuaxes

Ximnasios. Ioga. Beleza. Peiteado. Estética, Relax. Tatuaxes.

Decoración / Iluminación/ Profesionais / Maquinaria

Tinturarías, lavandarías.... Arquitectura, enxeñarías. Maquinaria. Mobles, interiorismo, decoración, luz. Profesionais. Reformas, pintura, cerrallaría... Servizos.

Saúde. Clínicas (ópticas, auditivas, dentais...) Fisio, ortopedia... Maiores

Clínicas (ópticas, auditivas, dentais...).. Farmacia / Herboristaría. Fisioterapia. Ortopedia. Maiores. Outros....

Ensino. Clases

Centros Educativos. Idiomas. Clases de música, baile....

Biblioteca/ Libros/ Arte/ Viaxes

Bibliotecas, Librarías, Papelarías. Vídeo.. Artes, galerías, exposicións, artesanía.... Viaxes.

Legal / Avogados / Asesorías / Seguros.

Avogados. Asesorías. Seguros.

Automóbil. Motos. Bicicletas.

Autoescolas, permisos. Talleres. Aluguer. Parking. Motos - Bicicletas.

Animais, Clínicas Veterinarias, Xardinaría, Floraría, Agro...

Animais, veterinaria. Flores e xardín..

DESCRICIÓN

D. 063 - Centro.

     

      O Centro é xunto ao Ensanche o foco da actividade comercial da cidade. Se a base urbana do ensanche son as grandes prazas (prazas de Pontevedra, Lugo, Galicia, Vigo, etc), o centro empeza onde remata ése. Así a rúa Juana de Vega convértese na separación natural de estos dous distritos. O centro exténdese dende ésta ata a rúa Hospital e Campo da Leña (ou Praza de España) donde empeza As Atochas- Montealto.

      O mar, sempre protagonista da cidade, é o primeiro que sorprende ao visitante. De feito o centro da Coruña é un gran istmo que une a península de Monte Alto coa costa. Ese istmo, coas praias de Riazor e Orzán dun lado e A Mariña ao outro, concentra na lingua de terra as rúas máis céntricas e sobre as que xira a actividade comercial: as rúas Orzán e San Andrés, ou a rúa Galera, e a de máis fama da cidade, a rúa Real. 

      Esta zona é o nucleo urbano, a que nos ofrece maiores opcións: dende pasear pola Mariña a coñecer a hostalaría das principais rúas (A Galera, Franxa, e Barrera) -consultar http://www.e-distrito.com/turismo/3/a-coruna-informacion sección "Datos de Interese"-, dende os xardíns de Méndez Nuñez á zona de compras da rúa Real, ou dende a praza de María Pita ás praias do Orzán e Matadoiro. 

      Por outra parte, destaca a diferenciación entre as dúas bandas da Rúa San Andrés (a que percorre o istmo). Situados na praza Pontevedra, a beira esquerda da rúa -a que conduce ás praias- é  un lugar de rúas cun carácter bohemio e alternativo; mais á dereita o ambiente máis céntrico e multitudinario conforma un adianto do corazón da cidade.

      As primeiras poblacións que se instalaron na cidade fixérono na Cidade Vella e posteriormente é o auxe do porto o que convirte Peixería (o devandito istmo) nun lugar de confluencia popular onde viven preferentemente pescadores e comerciantes. O impulso que marcara o punto de inflexión dérao Alfonso IX fundando Crunia (antigo topónimo usado tamén como A Crunia) en 1.208 co seu porto de pertenza directa ao Foro de Benavente. Os séculos XVII e XVIII estiveron marcados pola actividade comercial con América e outros portos españois e europeos. Durante o século XIX prodúcese un gran desenvolvemento económico, cultural e urbanístico: as galerías da Mariña, os edificios modernistas, o Quiosco Alfonso... para no século XX converterse nunha cidade comprometida coa cultura e o futuro. Nos últimos anos prodúcese un importante desenvolvemento económico, urbanístico e cultural... construción do Paseo Marítimo, xardíns, museos, o Palacio de Congresos Palexco, Pazo da Ópera, e actividades multiculturais como a Feira do Libro e análogas, apertura de centros comerciais, o peirao de transatlánticos en pleno centro da cidade... Todo isto fai da Coruña unha cidade de progreso. 

     

      Cidade Vella. 

      Como en todas as cidades é imprescindible visitar a Cidade Vella. Recunchos con historia, prazas nas que parece deterse o tempo, como a praza das Bárbaras ou a praza de Azcárraga con árbores milenarias... O románico alcanza nas súas igrexas a máxima expresión. Edificios como o Palacio Cornide, fronte á praza de Santa María; a sede da Real Academia Galega, antiga mansión familiar da escritora coruñesa Emilia Pardo Bazán; o Xardín de San Carlos, no que descansa Sir John Moore, cun miradoiro que ten magníficas vistas á baía coruñesa. Igrexas como a Colexiata de Santa María de estilo románico apuntado; Santiago; San Francisco; o Convento das Bárbaras e de Santo Domingo son auténticas obras de arte; rúas emblemáticas que lembran aos antigos gremios e trasládannos a unha cidade medieval e barroca. 

      Na Cidade Vella conviven tendas de anticuarios, que elixiron un emprazamento singular acorde cos obxectos que venden, tascas, restaurantes con encanto... e pola noite convértese noutra das zonas de copas e ambiente da movida coruñesa.

    FOTOS

    VÍDEOS

    LECER/CULTURA

    Roteiro



      Esta zona merece un percorrido especial. O mellor é aparcar o coche e perderse polas súas rúas, porque A Coruña é para pasear. O centro combina a actividade económica, comercial e cultural da cidade co porto e a chegada de transatlánticos. 

      A Praza de María Pita e o Pazo Municipal vixiados pola heroína María Pita é punto de partida e visita obrigada para todo visitante. 

      Pero polo que A Coruña é coñecida é pola súa fachada de cristal fronte ao mar na Mariña: as galerías que, aínda que forman parte da arquitectura galega, aquí alcanzan a súa máxima expresión. Baixo os seus soportais, onde antigamente chegaba o mar e os pescadores amarraban as súas embarcacións, concéntranse restaurantes e cafeterías con terrazas. 

      Continuamos polos Xardíns de Méndez Núñez, con preto de 150 anos de historia, onde atoparemos o Pazo Municipal de Exposicións Quiosco Alfonso, a Terraza, o palco da música, o estanque con carpas douradas e vermellas, árbores e plantas centenarias procedentes de afastados países, visitado por nenos e maiores durante todo o ano. Como curiosidade o reloxo floral e o calendario que se cambia a diario con flores de tempada. Tamén estatuas como a de John Lennon, Emilia Pardo Bazán, Curros Enríquez, Linares Rivas, Murguía, Fernández Latorre, Pondal... É un dos lugares no que se celebran feiras do libro, festivais de folclore, teatro... 

      Os Cantóns coas sedes de todos os grandes bancos e fundacións (Caixa Galicia e Barrié da Maza); o Obelisco, un dos monumentos máis populares da cidade, rúa Real e San Andrés, rúas comerciais e entre elas a zona de tapeo e de viños (Barreira, Galera, Franxa...). 

      Ruta gastronómica: Rúa Galera, Estrella e A Franxa.

      A rúa San Andrés debe o seu nome ao Hospital de San Andrés que foi destruído no asedio á cidade de 1.589 por parte da Armada Invencible inglesa. Durante o século XIX algúns dos establecementos comerciais máis coñecidos da Coruña instaláronse nesta rúa: a Fábrica de Chocolates ou o Hotel Europa entre outros. Foi en 1881 cando sobre o mesmo solar do antigo hospital construíuse a Igrexa de San Andrés (hoxe Igrexa Castrense) onde descansan os restos dos seus promotores Eusebio dá Garda e Modesta Goicouría. 

      Ruta Cidade Vella:  http://www.e-distrito.com/turismo/3/a-coruna-informacion (Premer sobre ruta 3)