E-distrito. A primeira plataforma xeralista da Coruña.

Noticias

Os dous candidatos que competirán pola presidencia do PP coruñés foron investigados por recibir regalos de empresarios detidos pola Policía.

Os dous candidatos que competirán pola presidencia do PP coruñés foron investigados por recibir regalos de empresarios detidos pola Policía.

  Beatriz Mato e Javier Escribano os recibiran no seu momento (un bolso a primeira e un Porsche o segundo) dos empresarios Gerardo Crespo e Fermín Duarte, detidos dentro das operacións "Zeta" e "Arena" respectivamente.

  27 marzo 2.017

  O prazo para presentar a candidatura para a presidencia do PP local da Coruña concluiu ás 19:00 h do xoves día 23 de marzo. Á xa coñecida candidatura da conselleira de Medio Ambiente uníuselle a última hora o aval das cen sinaturas presentadas por Javier Escribano, o dobre do mínimo esixido. Javier Escribano, quen foi presidente das Nuevas Generaciones do PP, xa se presentara como candidato á presidencia do PP provincial, cargo que finalmente acadou Diego Calvo. Dende as filas populares sostense que a presidencia do PP local non implica necesariamente a candidatura á alcaldía pero sí amosa unha dinámica onde se mide a representatividade e apoios dos diferentes candidatos. Unha das circunstancias que concorren nos dous casos é o ter recibido regalos que foron detidos pola policía por casos relacionados con tráfico de influencias. 

  Dentro da operación Zeta, en outubro de 2.014 na suposta trama dos cursos de formación fictícios para obter subvencións públicas, no sumario xudicial se calificaba como "recurrente" a práctica de Gerardo Crespo de realizar obsequios e regalos a cargos políticos e funcionarios. Os listados con estas prácticas foran atopados en arquivos informáticos durante os periodos 2.008/10. Entre eles figuraba o regalo dun bolso á conselleira Beatriz Mato. Tamén sobre o sumario, os investigadores destacaban que o empresario entregara 17.000 euros a unha sociedade que aparecía dentro do entramado da "caixa B" do Partido Popular. 

  Pola súa banda, tamén en outubro pero de 2.011 Javier Escribano anunciaba a súa dimisión tras a detención policial do empresario eumés Fermín Duarte. Según os informes policiais, Escribano comprometérase con Duarte a mediar ante as administracións onde gobernaba o PP para conseguir adxudicacións e mercasen mercancia á empresa Manmer SL. Iguamente según o sumario, como contraprestación Duarte regaloulle un Porsche a Escribano. En escoitas telefónicas Duarte recoñecía que ""He regalado uno de los tres coches, el Porsche, a un político del PP. No te enteras de nada, así es como se hacen las cosas y yo si fuera él haría lo mismo". A investigación posterior demostrou que o regalo existiu e que de feito, o político popular decidiu poñelo a nome dunha tía súa co fin de non levantar sospeitas, para despois vendelo por internet.

  Beatriz Mato recoñeceu ter recibido o bolso e o xustificou alegando que non existía normativa que o impedise.

  No caso de Escribano a causa foi sobreseida en 2.012 ao non poder constatar que o Porsche fora un regalo a cambio da mediación. O xuíz, Alejandro Morán Llordén, recoñecía que aínda que non había "indicios de criminalidade"  existía "bastante oscuridade no sucedido", e afirmaba que non pasaba por alto a "filtración á direccion do PP galego que deu ao traste coa investigación". Duarte e Escribano adicáranse a proporcionar pistas falsas dende que souberon que estaban sendo investigados.

  Foto: Beatriz Mato, Carlos Negreira e Núñez Feijóo nun acto electoral na Coruña. -Praza-

  E-distrito. Información
  info@e-distrito.com

  Ref: 
  - http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/un-bolso-beatriz-mato-loteria-jamones-regalos-crespo-cargos-funcionarios-xunta/idEdicion-2014-10-28/idNoticia-898019/
  - http://elpais.com/diario/2011/10/30/galicia/1319969890_850215.html
  - http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/04/12/galicia/1334260545_508979.html
  - http://www.eldiario.es/galicia/conselleira-Trabajo-admite-recibio-Zeta_0_337716968.html

Ver todas as noticias