E-distrito. A primeira plataforma xeralista da Coruña.

Noticias

Aviso de expertos da ONU a España pola estratexia contra o referendum.

Aviso de expertos da ONU a España pola estratexia contra o referendum.

  O documento tacha como "preocupantes" os arrestos a políticos, as acusacións de sedición, rexistros en imprentas ou bloqueo de webs "que parecen violar dereitos fundamentais coartando a información pública". 

  Comunicado orixinal (en inglés): http://www.ohchr.org/EN/NewsEvents/

  29 setembro 2.017

  O Goberno central atopouse con outro reproche no camiño ao referendo do 1 de outubro en Catalunya. Dous expertos independentes da ONU en dereitos humanos instaron a España a respectar os dereitos fundamentais para a consulta do próximo domingo. En concreto, piden que se garantan a liberdade de expresión, de asemblea e reunión e de participación pública.

  Nun comunicado na web de Nacións Unidas, e que recolle a opinión de David Kaye e Alfred de Zayas, estes expertos lembran que a obrigación do Executivo é "respectar eses dereitos que son esenciais nas sociedades democráticas". "As medidas que estamos a presenciar son preocupantes porque parecen violar os dereitos individuais fundamentais", sinalan polas  acusacións de sedición contra varios dos manifestantes que participaron nunha protesta en Barcelona a pasada semana.

  Ademais, os expertos advirten de que o traslado de policías a Catalunya e certos discursos "aumenten a tensión social". Por todo iso, urxen a todos os partidos a ser prudentes para asegurar que as protestas dos próximos días sexan pacíficas.

  Derivado de ElDiario.
  Foto: Graffity en Catalunya.

Ver todas as noticias