E-distrito

Noticias

Científicos piden á UE declarar o eucalipto como especie exótica invasora.

Científicos piden á UE declarar o eucalipto como especie exótica invasora.

  Un estudo publicado no Journal of Applied Ecology, no que participaron investigadores de varios países, pídelle á UE que, antes de 2020, amplíe en 207 novas especiesa lista europea de especies exóticas invasoras.  

  Entre elas está o eucalipto común (globulus) cun alto impacto en Galicia.

  06 outubro 2.017

  Aínda que non o pareza, o eucalipto común (Eucalyptus globulus) está considerada como especie exótica invasora, segundo o Plan Estratéxico Galego de Xestión das Especies Exóticas Invasoras da Xunta. Non en tanto, aínda non está incluída no regulamento comunitario sobre este tema (1143/2014).

  Agora, un estudo publicado no Journal of Applied Ecology, no que participaron investigadores de varios países, entre eles científicos españois, pídelle á UE que amplíe antes de 2020 a actual lista europea de especies exóticas invasoras. Hoxe en día, este catálogo só recoñece, a nivel europeo, 49 categorías. O traballo mencionado solicita que a esta clasificación se engadan 207 novas especies.

  Entre elas está o eucalipto común (globulus), especie cun alto impacto en Galicia. Das 12.000 especies exóticas presentes en Europa, entre o 10 e o 15% son consideradas invasoras. Das 1.323 analizadas, os expertos consideran que unhas 900 cumpren os criterios para incorporarse ao listado comunitario, e 207 son de inclusión prioritaria.

A maioría destas especies exóticas son inofensivas, xa que non chegan a establecerse nin prosperar no novo hábitat. Non en tanto, hai unha minoría que, debido á súa voracidade, causa graves danos á economía e o medio ambiente, custándolle á UE un mínimo de 12.500 millóns de euros anuais.

  Derivado de GCiencia.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados