E-distrito. A primeira plataforma xeralista da Coruña.

Noticias

A Xunta duplica a axuda a prol da conciliación dos autónomos.

A Xunta duplica a axuda a prol da conciliación dos autónomos.

  Está dotada de arredor de un millón de euros e asumirá o custe para contratar ata 32 semanas a un traballador que cubra a baixa por maternidade ou paternidade incluíndo o 100% da cota empresarial á Seguridade Social 

  13 outubro 2.017

  O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou o pasado día 11 na rolda de prensa do Consello a posta en marcha dunha axuda para contratar durante 16 semanas un traballador para cubrir a baixa por maternidade ou paternidade do autónomo e facilitar así a conciliación dos autónomos.

  Con esta medida, Feijóo aseverou que Galicia duplica a bonificación que facilita o Goberno central. Así, os profesionais por conta propia poderán contar con apoios para contratar un traballador durante 32 semanas, ao engadir 16 semanas máis ás 16 que xa financia o Ministerio.

  Cunha achega prevista de arredor dun millón de euros, o presidente autonómico precisou que esta a axuda, que nace con vocación de permanencia, cubrirá o 100% da cota empresarial á Seguridade Social do traballador contratado.

  Así mesmo, financiaranse os contratos que se renovasen ou se renoven, unha vez rematada a baixa por maternidade ou paternidade, entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro deste ano.

  Feijóo referiuse tamén á flexibilidade da axuda, xa que a renovación do contrato se poderá facer nos 15 días posteriores aos que finalice a baixa, cunha achega media de 2.000 euros por contrato.

  Esta iniciativa de fomento da conciliación súmase a outras que xa están en marcha para beneficiar a este colectivo e que a Xunta anunciou no seu momento, pese a que en algúns casos (como o Bono Autónomo de ata 3.000 euros) causaron unha sensación ambigua por rematar sen que máis do 95% dos autónomos tivesen podido acceder a ela ben por motivos derivados de non entrar nas condicións da convocatoria ou por ser rexeitadas as solicitudes.

  Feijóo aseverou que coa activación destas dúas últimas liñas e da axuda para conciliación, estarán e funcionamento o 100% das medidas previstas pola Estratexia do autónomo para este ano, oito meses despois da súa aprobación.

  Derivado de Xunta de Galicia

Ver todas as noticias