E-distrito. A primeira plataforma xeralista da Coruña.

Noticias

O Parlament proclama a independencia de Catalunya en forma de República.

O Parlament proclama a independencia de Catalunya en forma de República.

  O Parlament de Catalunya proclamou pouco antes das tres e media da tarde de hoxe a constitución da república catalá independente con 70 votos a favor, 10 e contra e 2 en blanco.

  Simultaneamente o Senado español aproba a aplicación do artigo 155 da Constitución que implica a destitución do goberno e institucións catalás saídas das urnas en favor do goberno español. O PP, que acadou menos do 10% dos votos nas eleccións de Catalunya, toma o control ata a convocatoria de novas eleccións.

  27 outubro 2017

  O Parlament de Catalunya proclamou pouco antes das tres e media da tarde deste venres a constitución da república catalá independente cos votos a favor de JxSí e CUP nunha votación que se realizou de xeito secreto e da que estiveron ausentes os deputados de Ciudadanos, PSC e PP, que abandonaron o pleno en sinal de protesta.

  JxSí e CUP pediron que a votación da resolución pola que se proclama a independencia fose secreta. No reconto apareceron dous votos en branco, 10 en contra e 70 a favor, o que impide establecer un paralelismo exacto entre todos os deputados pertencentes aos grupos favorables á independencia e o resultado final.

  A resolución aprobada proclama “a república catalana como Estado independente e soberano, de dereito democrático e social”, unha afirmación que se inclúe no preámbulo da resolución e non na parte dispositiva.

  Derivado de Praza.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados