E-distrito. A primeira plataforma xeralista da Coruña.

Noticias

A Coruña/ Escribano incorpórase á executiva do PP tras retirar a denuncia contra Beatriz Mato.

A Coruña/ Escribano incorpórase á executiva do PP tras retirar a denuncia contra Beatriz Mato.

  O exdeputado entra na dirección provincial do partido tras retirar unha denuncia por supostas irregularidades na congreso do PP local que elixiu presidenta a Beatriz Mato.

  Información relacionada (noticia de arquivo): Os dous candidatos que competirán pola presidencia do PP coruñés foron investigados por recibir regalos de empresarios detidos pola policía; Beatriz Mato un bolso e Escribano un Porsche.

  22 xaneiro 2018

  Diego Calvo acaba de chegar a un acordo cun dos seus principais críticos na provincia e que, ademais, competiu con el polo liderato do PP na Coruña, Javier Escribano

  De feito, nomeou ao exdiputado autonómico e expresidente de Novas Xeracións nesta provincia e antigo rival, responsable da área de Estudos, incorporando, ademais, a persoas afíns a este a distintas responsabilidades dentro do partido. Un pacto que inclúe a retirada por parte de Escribano e dos seus afíns da demanda interposta por supostas irregularidades no congreso do PP local da Coruña, no que resultou elixida a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, como nova presidenta.

  Municipais e sucesión.

  Segundo fontes consultadas este acordo produciríase no contexto da apertura do “melón sucesorio” de Feijóo e, tamén, ante a proximidade dos comicios locais, para “apaciguar” a un grupo importante de militantes da Coruña que tería ameazado con boicotear a campaña de Beatriz Mato, nun momento no que a conselleira está decidida a arrebatar a alcaldía a Xulio Ferreiro para facerse coa victoria na primavera de 2019.

  Tanto Calvo como Escribano apelaron á "unidade" para xustificar este acordo e insistiron neste segundo argumento. "Tentando que todos teñamos un oco para ter un labor dentro do partido e sumar", aseguraba Escribano este venres para quen “é importante deixar de lado os personalismos para facer un PP máis forte de cara ás municipais”. Tamén desde o sector de Diego Calvo destacan que a decisión se tomou "coa mirada posta nas eleccións municipais de 2019".

  Tras o pacto, Javier Escribano asumirá a secretaría de área de Estudos, actualmente vacante, e Alejandra González, Juan Ponte e Miguel Robleda sumaranse a ela como vogais. Despois da retirada da demanda haberá tamén cambios na executiva local, incorporando a afiliados que se postularon na candidatura de Escribano. En concreto, Yolanda Corgo e Alejandra González sumaranse ao equipo de traballo nos barrios, e Juan Ponte será vocal.

  Derivado de Galicia Confidencial.
  Foto: Beatriz Mato, Negreira e Diego Calvo.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados