E-distrito

Noticias

España boicoteou a Galicia nas candidaturas para acoller o Laboratorio Europeo de Bivalvos e o Centro de Crustáceos.

España boicoteou a Galicia nas candidaturas para acoller o Laboratorio Europeo de Bivalvos e o Centro de Crustáceos.

  España votou no primeiro caso a supresión do Centro pese ao interese de Galicia, e no segundo para que o Centro de Crustáceos fose para Dinamarca.

  En ningún dos dous casos o goberno español chegou a cursar ningunha petición para que Galicia optase a estos laboratorios pese ao interese manifesto declarado polo goberno galego. A Xunta garda silencio e non consta ningunha reprobación ao Ministerio de Sanidade. 

  02 febreiro 2018

   Como adiantou Faro de Vigo as competencias do Cefas por causa do Brexit implicaron que o Centro Europeo de Bivalvos pechase. As declaracións do executivo galego amosando o seu interese por acollelo non obtiveron ningunha resposta dende Madrid pese a que éstes sabían que o Centro pecharía as súas portas. Pero quen ía manter a actividade era a división adicada a Laboratorio de Crustáceos, que tamén interesaba a Galicia, e para a que Bruselas sí mantiña a súa estadía. O laboratorio que será a máxima referencia a nivel europeo respecto ás enfermidades e investigación de Crustáceos ía a marchar a Aarhus (Dinamarca) e o informe orzamentario da UE non só non atopou ningún "pero" senón que ademais obtivo o voto favorable de España. En ningún momento e en ningún dos dous casos a Unión Europea tivo nin sequera coñecemento do interese de Galicia por éstes dous Centros ao non elaborar dende Madrid ningunha candidatura e nin tan sequera expoñer ante as autoridades europeas a alternativa galega.

  Nos últimos días de 2017 a Xunta enviou ao Parlamento sen apenas publicidade o seu Informe sobre o impacto do Brexit en Galicia, un documento de 33 páxinas elaborado por iniciativa do PP de marcado carácter económico. Este traballo obviou que durante os meses previos o Goberno de Alberto Núñez Feijóo defendera publicamente as supostas opcións galegas para acoller o laboratorio europeo de bivalvos, cuxas competencias abandonarán o británico Centre for Environment, Fisheries and Aquaculture Science (Cefas) en canto se consume a saída do Reino Unido da Unión Europea. Esta candidatura, que realmente nunca chegara a existir, derivou nunha derrota política que vén de ser alargada co traslado doutro dos laboratorios que tamén perde o Cefas, o de crustáceos.

  Como revela Faro de Vigo na súa edición deste 1 de febreiro, o Consello Europeo -o órgano comunitario onde sentan directamente todos os Estados membros- vén de ratificar que tras a súa saída do Cefaso laboratorio de referencia para enfermidades de crustáceos pasará a funcionar no Instituto Nacional Veterinario de Dinamarca, dependente da Universidade Técnica deste país. O sucedido ten tres semellanzas e unha diferenza co proceso do laboratorio de bivalvos: como naquel caso, España apoiou a decisión da entidade comunitaria e non defendeu candidatura propia ningunha, nin para Galicia nin para outro territorio do Estado. No entanto, naquela ocasión a decisión foi pechar o laboratorio e redistribuír as súas competencias -unha parte recaen nunha instalación que xa funciona en Vigo- e nesta, mantelo aberto.

  O Consello Europeo vén de aprobar, co visto e prace do Goberno español, que o laboratorio de crustáceos sexa trasladado tras o Brexit dende o Reino Unido a unha instalación danesa

  A terceira semellanza entre ambos procedementos é a ausencia do Goberno galego en todo o sucedido. Desta volta, por omisión. Na outra, polo feito de defender unha suposta candidatura -primeiro no Parlamento e despois, con solemnidade a través do propio presidente Feijóo na sede do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, en Vilagarcía- mentres España xa coñecía e xa apoiara o peche da instalación.

Cando a conselleira do Mar e o titular da Xunta defendían as eventuais opcións galegas -así o recomendaba o informe específico sobre a influencia do Brexit no sector pesqueiro galego- xa se produciran en Bruxelas votacións a prol do peche coa participación activa do Goberno español. Ademais, como confirmou en decembro o comisario de Saúde e Seguridade Alimentaria, Vytenis Andriukaitis, a decisión adoptouse sen que a representación española na Unión rexistrase "ningunha notificación ou petición oficial" para que o laboratorio fose trasladado a Galicia.

  O exitoso caso de Madrid.

  O fracaso das opcións galegas para optar a sedes comunitarias que abandonan o Reino Unido contrastan coa exitosa xestión do Goberno de España que, a mediados de xaneiro, culminou coa decisión de ubicar en Madrid unha das sedes do proxecto Galileo, o sistema comunitario de navegación por satélite, que ata agora acollía a localidade inglesa de Swanwick. Neste caso o Goberno de España si rexistrou formalmente a candidatura, defendeuna fronte a outras sete e logrou gañar.

  Derivado de Praza.
  Foto: © DTU Vet Instituto Nacional Veterinario de Dinamarca.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados